Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A USC coloca este mércores a primeira pedra da nova Facultade de Farmacia

Antonio López, Goretti Sanmartín e Alfonso Rueda estarán presentes nun acto que comeza ás 12 horas na parcela contigua á Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Recreación virtual do espazo no que se atopará a nova Facultade de Farmacia da USC.

Recreación virtual do espazo no que se atopará a nova Facultade de Farmacia da USC. / ECG

Lorena Rey

Lorena Rey

Santiago

A Universidade de Santiago colocará esta mañá a primeira pedra da nova Facultade de Farmacia. A previsión da institución compostelá fixaba para o mes de outubro o inicio das obras, pero non foi posible a consecuencia de que a adxudicación da cordinación de seguridade sufriu un retraso pola baixa de dúas das empresas que se presentaron ao concurso.

Así, na parcela contigua á Escola Técnica Superior de Enxeñaría, ubicada no Campus Sur, o reitor da USC, Antonio López, participará, ás 12.00 horas, no acto de colocación da primeira pedra da Cidade da Saúde xunto coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, e o membro do equipo redactor do proxecto e director da obra, Pedro Diéguez. Estarán ademais, entre as autoridades confirmadas, o xerente da USC, Javier Ferreira, e a decana de Farmacia, Reyes Laguna.

A empresa adxudicataria das obras o pasado mes de xullo foi Obrascon Huarte Laín SA (OHL), con un presuposto por valor de 23,43 millóns de euros, IVA incluido. Foi o 15 de agosto cando se adxudicou formalmente o contrato.

O prazo de execución é de 22 meses, polo que a nova facultade non recibirá a alumnado ata finais de 2027.

Que incluirá o novo centro?

Esta primeira fase do Centro de Ciencias da Saúde, no Campus Sur, contempla a construción dun centro que contará con biblioteca e sala de estudo con 410 prazas, 21 para a docencia teórica, 17 laboratorios de prácticas, aulas de informática, zona de cultivos e sala de conxeladores, ademais dunha zona de convivencia para os estudantes e espazos administrativos e para a dirección da facultade.

Tracking Pixel Contents