Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Venres 7, comisión de traballo entre Raxoi e os bombeiros

Ogoberno local agarda poder resolver o pagamento das horas extraordinarias que se lles deben durante o mes de novembro

Intervención dos bombeiros, nunha falsa alarma, este luns en Rosalía de Castro

Intervención dos bombeiros, nunha falsa alarma, este luns en Rosalía de Castro / E.N.

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

O goberno local mantivo ao mediodía deste luns unha xuntanza cos sindicatos dos corpos de bombeiros e policía local co obxectivo de desbloquear a situación actual, de falta de efectivos –chegaron a ser tan só tres bombeiros e un policía local nos últimos días– e de protesta polas horas extraordinarias pendentes de pagamento. Segundo explicou a voceira Míriam Louzao, entre os puntos desta última xuntanza estaban o de fixar a data da comisión de traballo así como establecer os principais puntos da orde do día.

Ao remate deste encontro, fontes de Raxoi informaron que a mecionada comisión quedaba convocada para o vindeiro venres, 7 de novembro. A intención do goberno local é a de «desbloquear» a actual situación pero o certo é que os corpos de bombeiros e Policía Local seguen sen realizar horas extraordinarias e durante esta semana o número total de efectivos vai oscilar entre os 6 e os 7 no caso dos bombeiros.

A concelleira Louzaou reiterou a intención do executivo de Goretti Sanmartín de «pagar canto antes as horas extra», pero ao exceder o límite legal deberá someterse á aprobación do pleno de novembro. Ademais, a edil reafirmouse en que se busca a «dotación de máis prazas, esgotando a taxa de reposición, para non depender tanto das extras».

Fontes sindicais consultadas por este diario aseguran que «a cuestión das extras é o último dos puntos que interesan», xa que a súa loita está máis centrada no prezo da hora ordinaria e na reclamación de «festividade e nocturnidade, como recollen as sentenzas do Tribunal Supremo». Esta mesmas fontes tamén indican que se está a pagar a hora extraordinaria «por debaixo da hora ordinaria» e lamenta que as negociacións están «nun sin resolver continuo» e que só se albisca «unha solución a longo prazo».

Tracking Pixel Contents