A mecánica cuántica centrará a nova edición das Nerd Nites
A primeira sesión destas conversas divulgativas terá lugar o 13 de novembro

Detalle do cartel da próxima convocatoria das Nerd Nites en Santiago. / Cedida
Redacción
As Nerd Nites, conversas divulgativas nas que especialistas de diferentes campos falan nun ton distendido e fóra do ámbito académico das disciplinas que os apaixonan, regresan o 13 de novembro coa ollada posta na mecánica cuántica. A primeira sesión desenvolverase ás 20:30 horas na Nave de Vidán de Santiago, e enmárcase nos actos que integran a Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (Igfae), centro mixto da USC e da Xunta.
A sesión servirá para achegarse á cuántica desde diversas perspectivas, como os reloxos cuánticos, a supercondutividade ou a influencia dos raios cósmicos na computación cuántica, da man, respectivamente, de Ángel Paredes Galán, catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo; Jesús Mosqueira Rey, catedrático de Física da Materia Condensada da USC, e Carolina Filgueira Rama, investigadora do Igfae.
Un século das bases da mecánica cuántica
A Nerd Nite súmase á conmemoración do Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuánticas, coincidindo co centenario da publicación, en 1925, dalgúns dos artigos que sentaron as bases da mecánica cuántica, coa conseguinte revolución da nosa comprensión do mundo natural.
As Nerd Nites comenzaron en Boston en 2003 e na actualidade celébranse en máis de cen cidades. A idea é reunir a tres ou catro nerds nun local de lecer nocturno para falar durante qunice minutos cada un sobre temas científicos baixo un enfoque divertido, para logo abrir un coloquio aberto e distendido.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Rueda: 'A mellor opción e, probablemente a única', es una sola Facultad de Medicina descentralizada
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana