O Biopolo da Sionlla duplicará a cifra de empresas en colaboración coa USC
Nos vindeiros meses as súas instalacións pasarán de tres a seis ou sete proxectos
Pertencen á iniciativa BioIncubaTech que deixa de ubicarse no edificio Emprendia

Jesús Prieto

A aposta polo sector biotecnolóxico en Santiago reforzarase coa incorporación, nos vindeiros meses, de «tres ou catro» empresas ao Biopolo de A Sionlla. Sumaranse a SunRock, Biopharma, Zinpro e Unirisco, instaladas a mediados do ano 2023 no Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas (CSIEB). Así o deron a coñecer onte neste espazo o presidente do Consello de Administración de Sionlla Biotech e presidente dos empresarios do Tambre, José Fernández Alborés, e o reitor da Universidade de Santiago (USC), Antonio López, durante a firma de dous convenios de colaboración para regular as condicións do traslado da infraestrutura de Bioincubatech (Incubadora de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía no ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes) dende as instalacións do edificio Emprendia ao Biopolo. O acordo tamén inclúe o fomento da incubación e a reserva de espazos en condicións preferentes para as empresas xurdidas da institución compostelá.
«Conseguimos o que levamos buscando desde o primeiro día que naceu este proxecto no ano 2015. Que o talento que temos en Santiago se reteña aquí e lograr crear empresas, sacalas adiante e apoialas creando un polo biotecnolóxico na nosa contorna», comentou Fernández Alborés nun dos laboratorios nos que se instalará algunha das futuras empresas.

Alborés e López, no centro, firmaron dous acordos nas instalacións do Biopolo de ASionlla. / Jesús Prieto
«Conseguimos que o talento que temos en Santiago se reteña aquí creando un polo biotecnolóxico na nosa contorna»
Pola súa banda, o reitor da USC explicou que o edificio Emprendia tivo que ser adaptado «por necesidades da docencia e da investigación», considerando adecuado trasladar para A Sionlla «todo o que tivera que ver coas empresas».
Antonio López asegurou que estos espazos de incubación se ofrecerán «a uns prezos adsequibles» para beneficiar aos proxectos empresariais en fases iniciais. En concreto, terán que pagar un terzo do que lle correspondería, e o resto estará bonificado pola Universidade de Santiago e o Biopolo.
«Estes espazos de incubación ofreceranse a uns prezos accesibles para beneficiar aos proxectos empresariais en fases iniciais»
Tanto Alborés como López puxeron en valor a transferencia de coñecemento que xurdirá desta colaboración e agardan que «poidan ir xurdindo novas empresas que teñan o seu primeiro espazo aquí».
Á visita e á sinatura dos acordos no Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas tamén asistiron a directora da Oficina Económica de Galicia, Natalia Barros; o xerente da USC, Javier Ferreira; a representante de Uninova, Mónica Suárez; e os directivos da Asociación Empresarial do Tambre Ramón Lois e Xavier Freire.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago