Comeza a construción de Farmacia tras case dez anos sen facultade: «Grazas pola vosa paciencia»
Este mércores tivo lugar o acto de colocación da primeira pedra da nova facultade
Será o primeiro edificio do complexo de Ciencias da Saúde e estará operativo no curso 2027-28

Autoridades no acto de colocación da primeira pedra da nova Facultade de Farmacia da USC. / Jesús Prieto

Pasaron cerca de dez anos sen que a Facultade de Farmacia tivera un edificio de referencia onde poder ubicar aos seus estudantes, a consecuencia de que o antigo centro foi pechado por problemas de contaminación nos solos. Agora a previsión é que a nova facultade estea en marcha no curso 2027-28. Así se recalcou este martes acto no acto simbólico de colocación da primeira pedra da nova facultade no que interviron o reitor da USC, Antonio López; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, o presidenta da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o membro do equipo redactor do proxecto e director da obra, Pedro Diéguez.
«É o proxecto de infraestruturas de maior cuantía nestes case oito anos de mandato e o proxecto máis necesario e prioritario», manifestou o reitor da USC, Antonio López durante a súa intervención, quen quixo mostar o seu especial agradecemento a toda a comunidade da Facultade de Farmacia. «Grazas por confiar en nós e grazas pola paciencia», declarou.
Pola súa banda, a alcaldesa de Santiago recalcou que se trata dun proxecto non só para a comunidade universitaria, senón «de cidade». En concreto manifestou que «é un proxecto moi importante para o conxunto de Santiago de Compostela, polo que todas as administracións que estamos aquí presentes temos que remar na mesma dirección para que sexa unha realidade».
Tamén o presidente da Xunta puxo en valor que arranca «un proxecto dos que constrúen cidade e constrúen Galicia». Alfonso Rueda recordou que a Xunta de Galicia aportou 12 millóns de euros para a obra e que «pasaron 14 meses dende que asinamos o compromiso financeiro, o final de toda a tramitación administrativa». Trasladando a súa mirada cara unha parte da parcela onde se ubicará a nova sede recalcou que «están as máquinas aquí atrás, polo que toca traballar arreo para que o curso 27-28 sexa o do estreno desta nova facultade».
Distribución dos espazos
Foi o arquitecto Pedro Diéguez, o encargado de dar a coñecer as principais claves dun edificio que se traduce na primeira fase da denominada Cidade da Saúde. «Estamos nun borde da cidade, onde hai conexión coa natureza. Ademais, o plantexamento da Universidade de como tiña que ser funcionalmente o edificio estipulaba que se agrupara por usos. Isto levounos a un proxecto de volumes disgregados», explicou, antes de proceder a citar como serán os distintos espazos e a súa distribución.
Na planta baixa do edificio principal sitúase a administración, os decanatos e unha biblioteca con capacidade para 400 persoas. Nas tres plantas superiores atoparanse os aularios e na cuberta, os despachos. Xa nos edificios anexos, estarán os laboratorios de Farmacia, as aulas de prácticas de Enfermería e un edificio de laboratorios biomédicos. A maiores, está prevista a construción dun parking subterráneo con 350 prazas.

Roi Prieto Maceira
Diéguez detallou que os distintos bloques «conéctanse nas partes altas» permitindo así acceder desde as aulas teóricas directamente aos laboratorios. Ademais, os sotos estarán conectados con túneles.
Na primeira fase, que implica o aulario e o edificio de prácticas de Farmacia, construiranse 12 aulas con capacidade para 100 estudantes e 9 de 50, adicadas á docencia teórica, 17 laboratorios de prácticas, catro aulas de informática e seminarios, unha sala branca, unha zona de cultivos e salas de conxeladores. Haberá tamén unha zona de convivencia e conciliación para a comunidade do centro, a área de goberno, representación e administración e outra área de despachos e espazos de traballo para o profesorado.
O concurso para a construción do inmoble, cunha superficie aproximada de 14.500 metros, gañouno a construtora Obrascon Huarte Lain (OHLA), que presentou unha oferta por un total de 23.426.799,11 euros e un prazo de execución de 22 meses.
Outras autoridades presentes no acto
O acto deste mércores contou tamén coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez; o xerente da USC, Javier Ferreira; a decana de Farmacia, Reyes Laguna; a decana de Enfermería, Raquel Rodríguez, entre outros. Tamén acudiron anteriores decanos de Farmacia, membros do Consello do Estudantado da USC, así como representantes doutros centros de ciencias da saúde da Universidade e dos colexios profesionais.
Suscríbete para seguir leyendo
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago