Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

Abal critica o goberno local de Santiago por prorrogar o contrato dos CSC

A concelleira socialista asegura que «resulta inxustificable e incomprensible» manter a concesión actual

Marta Abal, concelleira do PSOE de Santiago

Marta Abal, concelleira do PSOE de Santiago / Cedida

Santiago

A concelleira do Grupo Municipal Socialista, Marta Abal, criticou onte a decisión da Xunta de Goberno local de prorrogar o contrato de xestión da rede de centros socioculturais, incluído o lote de animación sociocultural, acordada o pasado venres 31 de outubro. Abal indicou que é un servizo que «non se está a cumprir de acordo co establecido nos pregos do contrato, polo que esta prórroga resulta inxustificable e incomprensible».

A edil explicou que a situación é «especialmente grave nas parroquias do rural de Compostela», onde máis de trinta actividades programadas e xa pagadas polas persoas usuarias foron canceladas por falta de persoal.

A concelleira lembrou ademais que «ao mesmo tempo, o persoal segue con nóminas pendentes nun contexto de precariedade que o Goberno local coñece desde hai meses», e advertiu de que, malia todo isto, decidiuse manter o contrato.

A socialista alerta de que o novo proceso de licitación acumula un atraso que impedirá a súa entrada en vigor «como mínimo ata febreiro de 2026», o que prolongará «a actual situación de deterioro» dos centros socioculturais.

Tracking Pixel Contents