Igrexa e empresarios debaten sobre a IA, poñendo as persoas no centro
A Hospedería de San Martiño Pinario acolle o terceiro seminario organizado polo Arcebispado de Santiago centrado no debate ético sobre o uso da intelixencia artificial

Monseñor Francisco Prieto no III Seminario Iglesia-Empresarios celebrado en San Martiño Pinario / Jesús Prieto

A Hospedería de San Martiño Pinario foi o escenario este venres do III Seminario Iglesia-Empresarios, organizado polo Arcebispado de Santiago e que baixo o epígrafe Ética e IA ¿Cambia o transciende a la persona? reuniu na xornada matinal a máis de 200 empresarios, eclesiásticos, académicos, teólogos e filósofos para debater sobre a oportunidade que supón a intelixencia artificial (IA) pero tamén o «debate ético» que ronda o uso desta tecnoloxía e que dende o arcebispado se defende que debe «poñer as persoas no centro».
Neste sentido, o arcebispo de Santiago, Francisco Prieto, pronunciábase durante o debate La Iglesia y la IA botando man frase de Terencio: «Nada de lo humano me es ajeno» e recoñecendo tamén diante do auditorio que era «un usuario curioso de la IA» a pesar de defender o valor do «papel en blanco, el lápiz y la goma» e de recalcar a esencia da «experiencia personal y pastoral, que ChatGPT no puede sustituir».
Nesa mesa de diálogo, monseñor Prieto compartiu conversa co teólogo americano Alberto Embry, que ao non poder asistir presencialmente ao seminario enviou un breve vídeo no que facía referencia a que a IA «no reemplaza al ser humano, sino que lo potencia». Xunto a Prieto e Embry, o sacerdote e profesor Ricardo Mejía abordou o transhumanismo (superación das capacidades físicas e psíquicas), mediante o desenvolvemento da ciencia e a aplicación dos avances tecnolóxicos e puxo o foco na adolescencia e no seu camiño á trascendencia na procura de «verdad, bondad y belleza» alertando de que «las nuevas tecnologías se hacen pasar por humanidad».
O programa completo
Máis alá desta mesa de debate, na que interviu o arcebispo Francisco Prieto, a xornada desenvolveuse cun segundo diálogo, previo á clausura, do que tomaron parte a filósofa Adela Cortina, a catedrática de Computación Amparo Alonso, a tamén catedrática de Dereito Mercantil Teresa Rodríguez, o catedrático de IA Ulises Cortés, o sacerdote Ricardo Mejía e doutor en Física e catedrático de IA Senén Barro.
Un debate que se puxo sobre a mesa o vehículo autónomo para resaltar «el valor de la máquina para mejorar el mundo», en palabras do catedrático Barro. O ex reitor da USC, igual que os seus compañeiros de mesa, pronunciou previamente unha conferencia, titulada Desarrollo de la IA, ¿hacia dónde?, posterior á charla inaugural ofrecida por Adela Cortina, Ética e ideología en la IA.
Teresa Rodríguez de las Heras abordou no III Seminario Iglesia-Empresarios o papel dos gobernos: Gobernanza y modelos regulatorios; un tema no que Amparo Alonso profundizou centrándoo en España (Estrategia española). A ronda matinal de conferencias, previa aos debates, pechouna o catedrático Ulises Cortés baixo o epígrafe Educación, conocimiento, valores.
Tecnoloxía e empresas competitivas
A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, inaugurou a xornada deste venres, que lle daba continuidade a un primeiro encontro amenizado o xoves co Réquiem de Mozart, interpretado na igrexa de San Martiño Pinario. A conselleira recoñeceu na súa intervención que «o papel económico que ten a tecnoloxía é ilimitado e calquera proxecto que non incorpore a dixitalización nos seus procesos está condenado ao fracaso».
Lorenzana asegurou tamén que «a intelixencia artificial nunca vai substituír a intelixencia humana e sempre será preciso delimitar onde é necesaria a persoa e onde é necesaria a máquina». «A tecnoloxía é un instrumento que ten unha finalidade e nunca podemos perder de vista que está sempre ao noso servizo, non estamos nós ao servizo da tecnoloxía», subliñou a conselleira.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago