MUSEO DO POBO
Lois Ladra: «Convén lanzar un SOS e ver se a sociedade galega recolle esa chamada»
"A miña dimisión foi unha decisión de mutuo acordo, amigable". "É preciso ter medios humanos e máis recursos ... máis tendo en conta que no 2027 é o 50 aniversario", sinala o ex director do Museo do Pobo

Lois Ladra no Museo do Pobo. / Antonio Hernández

O arqueólogo e antropólogo Lois Ladra (A Coruña, 1972) fala con EL CORREO GALLEGO cunha mistura de esperanza e dor logo de dimitir como director do Museo do Pobo Galego, cargo que tivo desde o 2 de outubro de 2024. Licenciado con grado en Xeografía e Historia na especialidade de Prehistoria e Etnoloxía pola Universidade Complutense (Madrid), con cursos de doutoramento na USC e ten tamén un máster en Arqueoloxía pola Univ. de Oporto (Portugal) e unha licenciatura en Antropoloxía Social e Cultural pola UNED, ese currículo explica que fora escollido como director do Museo do Pobo tras un concurso de méritos con máis de vinte candidaturas.
"Deste xeito non se pode seguir adiante…"
Mentres as follas dos árbores chegan o chan nestas datas, tamén neste mes ven de caer a ilusión e o cargo deste arqueólogo e antropólogo nado en A Coruña no 1975. Lois Ladra dimite do seu cargo como máximo responsable da institución cultural aberta no 1977 á beira de San Domingos de Bonaval, e o fai logo dun ano no posto...
Fontes do Museo din que dimite «por non ter recursos suficientes para levar adiante o seu programa», é correcto?
Foi unha decisión de mutuo acordo, amigable con todas as persoas do Museo despois de 15 meses de traballo moi intenso. O Museo é una iniciativa de titularidade privada, si fose da Deputación tería un apoio como si fose un fillo seu, pero este é un museo de todos, con apoio das deputacións, dos concellos, da Xunta... todas esas institucións apoian... E me da certa pena ter que renunciar a algo que ten todo o potencial do mundo pero, toca agardar que veñan tempos mellores para o Museo… Preparar salas novas, facer reparacións, intentar evitar as filtracións, hai moitas preocupacións e moitos obxectivos e aínda que moita xente pon toda a súa vontade no seu traballo no Museo, deste xeito non se pode seguir adiante…
E que sentimento ten nestes intres logo da súa decisión?
Agradezo o traballo de toda a xente, socios, padroado do Museo, persoal... todo o mundo fai o que pode, queda esperar que o futuro sexa mellor pero é preciso ter medios humanos e máis recursos... sobre todo tendo en conta que no vindeiro 2027 é o 50 aniversario do museo e ten que celebrarse da mellor maneira que merece unha institución como esta, un museo do pobo, do país... Non se fan tortillas sen ovos, por dicilo dalgún xeito e no Museo estamos inmersos nun proceso de obras para ampliar salas e celebrar eses 50 anos no 2027, co cal hai moitos frontes abertos e convén lanzar un SOS, unha chamada para ver se a sociedade galega recolle esa chamada...
Lembra a primeira vez que estivo no museo como visitante?
A primeira vez que estiven no Museo foi de cativo, nos tempos de estudante na EXB e, xa con vinte anos, me fixen socio e sempre tiven despois moita relación co museo e con outros museos galegos... Fun obxector de conciencia e fixen a prestación no Castelo de San Antón, e traballei como bolseiro no Museo das Peregrinacións e tamén fun colaborador da revista anual do Museo, Adra.
"O Museo do Pobo ten que ser un museo do país"
Un fala con persoas do eido da cultura, mesmo en Galicia que fora, e todo son boas palabras para o Museo, pero parece que logo iso non cadra con certos aspectos da realidade cando toca falar dun maior apoio concreto.
O Museo do Pobo ten que ser un museo do país, un museo ambicioso e debe ser a cabeceira dos museos antropolóxicos de Galicia e para iso é preciso contar con máis recursos, máis diñeiro e recursos humanos e, agora mesmo, o cadro de persoal é mínimo... Un hospital non pode funcionar sen persoal médico e no museo fan falta restauradores, un plan de conservación porque falamos dun recinto onde hai moitos materiais de madeira e cristal, e agora mesmo non hai nin un antropólogo... Se necesita xente de perfiles moi variados, desde antropólogos a historiadores. Reitero que o cadro de persoal é manifestamente insuficiente pero tamén é importante salientar que todo o mundo intenta facer as cousas o mellor posible, sen embargo, non dan feito…
Dito dese xeito pode que esta situación agora amarga teña un efecto de... Sementar sementarei, cara a tempos mellores...
Con esta decisión quero chamar a atención da sociedade galega... Todos cometemos erros e eu, o mellor, se cadra, fun demasiado ambicioso con eses planes na miña chegada como director pero o Museo ten que ser un museo ambicioso, fun elixido para a dirección por esa mesma ambición.

Concha Losada no Museo do Pobo. / Xoán Álvarez
Losada : «Propuxo a saída e nos aceptamos»
Deste xeito oficial informa o Museo do Pobo Galego da dimisión de Lois Ladra como director: «Solicitou o seu cese , alegando a imposibilidade de implementar o programa de actuación presentado para o seu desenvolvemento, en canto non podía ser dotado dos recursos suficientes para levalo adiante. O Padroado aceptou o seu cesamento e, en consonancia, ata a asemblea que se celebrará no mes de decembro, os labores de dirección do Museo serán asumidos temporalmente de forma colexiada pola Comisión Permanente do Consello de Goberno».
E a presidenta do Padroado, Concha Losada, engadía en conversa con este xornal: «Propuxo a saída e nos aceptamos, non houbo ningún problema e que mellor que mellor que abrir un novo período agora. O propio Consello de Goberno asume neste intres a dirección, nos imos repartir as funcións de dirección de aquí ata mediados do vindeiro mes de decembro, data da Asemblea de Padroado para decidir entón que persoa nova asume a dirección...»
«Sempre se aprende de cada sucesiva achega», sinala presidenta do Padroado do Museo do Pobo que, o mesmo que Ladra, retrata a situación cunha palabra: «amigable».
E cando escoita a pregunta de que tal pensa que está o ex director a nivel emocional despois da súa saída, engade: «Entendo que ben en relación co que tiñamos falado...», di sobre o seu común entendemento para pechar esa etapa.
Algúns datos
O Museo do Pobo ten 15.000 followers en Facebook, 12.300 en Instagram e 8.039 en X, máis 300 persoas subscritas no seu canle de YouTube, onde hai 118 clips e o máis ollado conta con 660 visualizacións (unha peza audiovisual chamada Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión).
Suscríbete para seguir leyendo
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas