Renovación do contrato con Monfobus para xestionar o recinto feiral de Amio
A concesión fíxose a Trapsa por un período de 25 anos prorrogables anualmente até os 75

As Festas da Ascensión e a súa feira cabalar son unha das citas máis relevantes do ano en Amio / Antonio Hernández

A xunta de goberno local dispuxo este luns emitir orde de continuidade da prestación do servizo do recinto feiral de Amio que mantén, en réxime de concesión a empresa Monfobus ata o 10 de novembro de 2026. A voceira do goberno, Míriam Louzao, puntualizou que se trata dun contrato de «xestión e explotación da totalidade das instalacións do recinto» formalizada en novembro de 1997 con Trapsa por un período de 25 anos, «prorrogables anualmente ata un máximo de 75» e Trapsa cedeu esta concesión a Monfobus.
Louzao apuntou que en 2024 se rexistrou unha afluencia total de 77.868 reses, a maior parte de gando vacún, con 77.080 cabezas e as restantes 788 «corresponden a gando equino, ovino e caprino». «En comparación co exercicio 2023, a concorrencia de gando descendeu en 4.865 reses, unha diminución do 3%». A edil destacou que a pesar desta redución a actividade económica en Amio é «esencial» para a a economía local, polo que se traballa en melloras nas infraestruturas e tamén nunha nova licitación.
Resolucións do Tacgal
O Tribunal Administrativo de Contratación Pública (Tacgal) vén de aceptar o recurso de Segursystem Europa sobre a súa exclusión de dous procedementos: a adxudicación de servizos de vixilancia do Estadio Verónica Boquete e mais o mantemento dos sistemas de alarma antiintrusión nos edificios municipais.
A empresa fora excluída por concorrer en prohibición de contratar co sector público máis presentou recurso e solicitou medidas cautelares e o Tacgal acabou por concluír que a empresa debe ser tida en conta no procedemento de contratación, polo que se retrotraen as actuacións do procedemento.
Luz verde á mellora das instalacións do IES Xelmírez II por valor de 1,2 millóns de euros
A xunta de goberno local deu luz verde á rehabilitación do IES Xelmírez II, en Salgueiriños. Trátase dunha licenza á Consellería de Educación que ascende a 1,2 millóns de euros e que vai supoñer actuacións nas cubertas, na muda de portas e fiestras do centro. Tamén se vai actuar nas canles de saneamento, «vanse substituír as caldeiras», aclarou a voceira do goberno local, Míriam Louzao, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, e «vanse construír varios tramos de rampas», para favorecer a accesibilidade do centro de ensino.
Outras licenzas
A xunta de goberno deu luz verde tamén á concesión doutras licenzas de obra. Nestoutro caso para vivendas particulares nas rúas Basquiños e Oblatas e destinadas ambas á mellora enerxética dos edificios con actuacións nas cubertas e nas envolventes.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas