Arrinca a IX edición do Enreguéifate centrada nos versos doutro universo
Inclúe accións formativas para escolares e profesorado, e un certame aberto ao público

A alcaldesa de Santiago xunto ao resto de participantes na nova edición do Enreguéifate. / Cedida
K.M.
A novena edición do Enreguéifate xa está en marcha, baixo o lema Enreguéifate, versos doutro universo, nunha iniciativa que «convida a ollar e mudar este mundo desde outro universo: o da poesía oral improsivada», explicou este martes a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
Nun acto xunto a representantes dos concellos de Ames, Arzúa, Carballo e os formadores Josinho da Teixeira, Nuria das Cruces, Xairo de Herbón e Manuele Pardo, considerou que este proxecto é un ·exemplo de colaboración e traballo conxunto entre administracións municipais, co obxectivo principal de fomentar o uso do galego, especialmente entre as crianzas e a mocidade», dun xeito interxeracional e «a través da creatividade, da retranca, da poesía oral e da regueifa, esa maneira tan peculiar nosa de estar no mundo».
Formación para 45 docentes
O programa comezará o venres cun obradoiro para profesorado en Bertamiráns, conducido por Manolo Maseda, Séchu Sende, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira. A actividade, gratuíta e con inscrición aberta ata este 12 de novembro na web do Enreguéifate, ofrecerá a 45 docentes a oportunidade de coñecer o valor da regueifa como ferramenta didáctica.
Realizaranse preto de 80 obradoiros de improvisación oral destinados a escolares de 5º e 6º de primaria e da ESO dos concellos participantes.
Regueifas en vídeo
O certame de regueifas en vídeo repite como unha das citas máis agardadas. O prazo para participar estará aberto desdeo 12 de xaneiro ao 6 de marzo. A inscrición poderá realizarase a través do web do Enreguéifate. Ademais, poderán consultarse nesta páxina as bases completas do certame. Os interesados deberán enviar un vídeo no que participen como mínimo dúas persoas regueifando en galego sobre un tema libre e cunha duración máxima de tres minutos.
Nesta edición haberá oito premios por cada categoría -escolar e xeral-, que recoñecerán non só a quen fai mellor as regueifas, senón tamén a quen as emprega para fomentar a inclusión, reclamar ou denunciar inxustizas, amosar a nosa diversidade ou difundir as nosas tradicións.
Outorgaranse regueipremios para os mellores vídeos nas modalidades de regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada, mellor falada, máis inclusiva e máis entroideira.
A entrega dos galardóns terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra o 16 de abril do próximo ano.
- El amor sonó más fuerte que la música: la pedida de mano compostelana en el concierto de David Bisbal en A Coruña
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- Huelga de buses en Santiago: los piquetes impiden otra vez que salgan los servicios mínimos de Amio
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco