Visita da concelleira de Ramala Hanan Kaoud a Raxoi: pide xunto a Sanmartín "apoio mundial" para paliar o sufrimiento palestino
A edil visita a capital galega dentro do programa 'Visita o Norte', impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Hanan Kaoud, concelleira palestina en Ramala (Cisxordania) / CONCELLO
Hanan Kaoud concelleira en Ramala (Cisxordania) visitou este mércores o Pazo de Raxoi, dentro programa 'Visita o Norte', impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e aproveitou o altavoz para destacar que "Palestina realmente está sufrindo e requiere do apoio do mundo”. A activista considerou nas súas declaracións aos medios "imprescindible” que o mundo siga pendente do que sucede en Palestina.
A concelleira cisxordana agradeceu que en territorios como Galicia haxa “cidadáns que asisten ás reunións e que están dispostos a escoitar e facer preguntas”. Ese “intercambio de información para saber mellor sobre a situación e sobre o que está pasando en Palestina” é importante para buscar solucións. Kaoud opina tamén que "pese a que a guerra en Gaza leva anos activa, é agora cando se intenta erradicar aos palestinos da terra”.
Kaoud alertou na súa disertación sobre a "guerra máis agresiva que afecta a Gaza e que fai que os palestinos teñan que fuxir da súa terra xerando novas problemáticas porque os inmigrantes se están a converter en armas de guerra”. Con este escenario, a cisxordana pediu o respaldo das institucións porque “Palestina realmente está sufrindo e requiere o apoio do mundo”.
Na súa recepción en Raxoi, Kaoud agradeceu o labor das “autoridades locais” que xogan un papel relevante “para expandir a solidariedade e para facer presión nos gobernos para deter a Israel, para deter o xenocidio e para acabar coa ocupación".
Recibida pola Corporación local
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reivindicou o “traballo importantísimo” desta activista e reiterou o “compromiso” da capital galega coa súa causa. “Non queremos deixar de manifestar, que é o compromiso de Santiago coa causa palestina, o compromiso tamén de denuncia do xenocidio que comete Israel contra Palestina e, sobre todo, a necesidade de que nestes momentos continuemos visibilizando unha situación que non rematou".
A rexedora presidiu a recepción institucional a Kaoud e estivo acompañada pola tenenta de alcaldesa, María Rozas, representantes da Corporación municipal e integrantes das plataformas Compostela por Palestina e Galiza por Palestina. Aos actos sumouse tamén o cineasta palestino Kamal Aljafari, que vén de recoller o Premio Cineuropa 2025.
Na mesma liña na que se pronunciou Sanmartín, a concelleira María Rozas -membro da comisión executiva do Fondo Galego de Cooperación- reiterou o recoñecemento a este órgano “pola súa magnífica labor para sensibilizar e promover o desenvolvemento dos países máis desfavorecidos”. A responsable de Dereitos Sociais tamén mostrou o seu agradecemento pola presenza de Hanan Kaoud en Santiago, e reiterou a vontade de procurar vías de colaboración para seguir sensibilizando sobre a situación de Palestina “porque cremos que esta é unha obriga moral das administracións”.
Fondo Galego de Cooperación
Hanan Kaoud monstrouse moi satisfeita coa experiencia impulsada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedadade “que nos permite intercambiar moita información e seguir contando o que leva pasando desde sempre en Palestina, porque esta non é a primeira vez que se intenta eliminar o pobo palestino”. A concelleira de Ramala quixo salientar tamén a situación en Cisxordania, “que non é tan diferente do que acontece en Gaza e que debemos poñer tamén sobre a mesa”.
Nese sentido, explicou que o pobo palestino sofre bombardeos pero tamén as consecuencias do uso de armas químicas “que afectan á capacidade reprodutiva das mulleres e provocan máis discapacidades”; e denunciou que se están incrementando tamén as violacións de mulleres palestinas. Hanan Kaoud agradeceu a oportunidade que brinda o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade “de seguir expandindo a solidariedade con Palestina e presionando ao goberno de Israel para que cese o xenocidio”.
Hanan Kaoud relatou a situación de Palestina nunha xuntanza presidida pola alcaldesa, Goretti Sanmartín. A continuación, a concelleira de Ramala puido asinar no Libro de Honra da cidade, en presenza de representantes da Corporación municipal, das plataformas Compostela por Palestina e Galiza por Palestina, e do director de cine palestino Kamal Aljafari.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago
- Una cafetería de Santiago se cuela entre las mejores de Europa
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza
- Un rayo deja inoperativos los semáforos de Santiago y limita los accesos al túnel del Hórreo