O PP denuncia o risco de asolagamentos en Santiago por culpa de que o Concello non limpou os ríos
Recrimina a Raxoi que non cumprise a iniciativa aprobada no pleno

Choiva na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela / Antonio Hernández
Por terceiro ano consecutivo, «hai que volver a denunciar o abandono ao que someten BNG e CA a limpeza e mantemento dos ríos ao seu paso polo municipio». O concelleiro do PP José Ramón de la Fuente censurou onte que esta situación pon aos barrios e parroquias de Santiago en perigo de novos asolagamentos.
O popular remarcou que, «no pasado mes de febreiro, o pleno aprobou unha iniciativa nosa, co fin de que os servizos municipais intensificaran a revisión e mantemento das ribeiras dos ríos, para garantir unha limpeza exhaustiva das mesmas». A idea, proseguiu, era elaborar un plan de actuación que localizara os puntos máis problemáticos nos que se teñen producido asolagamentos de forma recorrente e que se aproveitara o verán para facer as labores de limpeza, roza e mantemento, e así garantir que, antes do mes de setembro, todas as beiras dos ríos foran revisadas e obxecto dunha intervención adecuada.
"Non fixo nada"
O edil popular indicou que a realidade é ben distinta, porque «o goberno nacionalista non fixo nada de nada, e xa non se poden agochar detrás da falta de tempo ou de acontecementos meteorolóxicos imprevisibles, porque contaron con meses de sobra».
«A estas alturas, cando todo debería estar feito esperando as primeiras chuvias, nin se limparon ríos, nin se sanearon sumidoiros que poden verse obturados pola inxente cantidade de folla que inunda as nosas rúas», censurou.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza