Unirisco celebra 25 anos «achegando a Universidade á empresa»
O Colexio de Fonseca acolleu este xoves un acto no que se fixo balance da primeira empresa de capital risco vinculada aos proxectos procedentes das universidades

Acto polo 25 aniversario de Unirisco celebrado este xoves no Colexio de Fonseca, no que interviron o reitor da USC, Antonio López, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda e a directora xeral de Unirisco, Inmaculada Rodríguez. / Santi Alvite

Unirisco, a primeira empresa de capital risco vinculada a proxectos basados na transmisión de coñecemento por parte das universidades, celebra 25 anos como catalizador da innovación. «Unirisco é unha ferramenta para achegar a Universidade á empresa, unha pasarela para volver o coñecemento útil». Así o definiu o reitor da USC, Antonio López Díaz nun acto celebrado este xoves no Salón Nobre do Colexio de Fonseca polo 25 aniversario da entidade, no que tamén interviron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela e a directora xeral de Unirisco, Inmaculada Rodríguez Cuervo.
Durante a sesión fíxose balance da historia da entidade con sede actual no Biopolo da Sionlla, motivo polo cal se proxectou un vídeo coa intervención de Darío Villanueva, reitor da USC no momento da creación de Unirisco. O profesor Villanueva definiu as universidades como «factorías de coñecemento» e destacou que a creación de Unirisco obedeceu ao que el sempre considerou unha misión esencial do sistema universitario, «a transmisión de coñecemento para xerar riqueza». No acto tamén interviron Carmen Pampín, directora xeral e cofundadora de Galchimia; Julio Castro, cofundador de Palobiofarma e Oncostellae; e Maruxa Quiroga, directora e cofundadora de Tastelab, todas elas empresas participadas por Unirisco.
Inversión superior a 6 millóns en máis de 40 startups e spin-offs
Dende a súa creación en 2000, Unirisco investiu en máis de 40 startups e spin-offs xurdidas de universidades e centros de investigación, consolidando sectores estratéxicos como a biotecnoloxía, saúde, alimentación, intelixencia artificial e economía circular. Cun investimento acumulado superior aos seis millóns de euros, a sociedade contribuíu a xerar emprego cualificado e a situar Galicia como referente en innovación. En palabras de Inmaculada Rodríguez Cuervo, «este aniversario reafirma o noso propósito: seguir apostando por proxectos disruptivos que nacen do talento científico e que teñen capacidade para transformar a sociedade».
Unirisco é unha sociedade privada de capital risco participada por universidades galegas e empresas líderes, que inviste en fases temperás de proxectos científicos e tecnolóxicos con potencial global. O seu modelo único en España integra a todos os actores da cuádrupla hélice: academia, administración, empresa e sociedade.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas