O PP de Santiago presenta o seu "plan de choque" en apoio de autónomos e comercio local
Upta denuncia a «destrución de postos de traballo» nos últimos anos e achácallo «aos problemas de mobilidade» de Compostela

Eduardo Abad, Borja Verea e Olaya Otero / CEDIDA
O líder do PP de Santiago, Borja Verea, compareceu onte en rolda de prensa para falar das iniciativas da súa formación en apoio dos traballadores autónomos e do pequeno comercio, «fronte á inacción e o abandono do goberno de BNG e CA» con estes colectivos, «nós propoñemos un plan de choque urxente de apoio a comercios e autónomos santiagueses, con medidas concretas».
Verea defendeu que «hoxe en Santiago manter e abrir un comercio é un acto de resistencia, porque teñen todos os factores en contra, posto que o goberno de BNG e CA demostra, cada día, que é incapaz de por en marcha apoios ao pequeno comercio». O voceiro do PP preguntouse polas medidas adoptadas nestes dous anos de lexislatura e asegurou que «non existen, estamos ante un escenario de grave crise comercial, con 100 negocios perdidos no último ano».
O voceiro popular denunciou ausencia de accións do Bipartito para «incentivar o relevo xeracional, resolver o problema de alugueiro dos baixos ou dos custos salariais ou do exceso de burocracia». Verea falaba así cos medios xunto á edil do PP Olaya Otero e mais o presidente da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de España –Upta–, Eduardo Abad, co que se reuniron para «propoñer medidas, explicar o que faría o noso goberno para revitalizar o pequeno comercio e frear a grave crise que ten hoxe Santiago».
Abad confirmaba as palabras do líder do PP local afirmando que, «nos últimos anos, foron moitos os postos de traballo que se destruíron en Santiago, tanto en comercio como en actividade económica, mentres o resto da provincia está a gañalos, polo que é evidente que algo está pasando, destacando o grave problema de mobilidade da capital de Galicia e o abandono da zona histórica».
Entre as iniciativas propostas polo PP compostelán destacaron o establecemento dunha estratexia de relevo xeracional poñendo en contacto o propietario co emprendedor mozo; bonificacións no IBI; e axudas ao traspaso. Dende o PP tamén sería o Concello quen alugase locais para «cederllos a prezos asumibles a mozos emprendedores, que queiran continuar actividade ou iniciar unha nova; e axudas á formación neste relevo xeracional, o que sería a figura de aprendiz».
En canto á redución da burocracia, Borja Verea asegurou que un hipotético goberno con el como alcalde «constituiría unha oficina exprés, co fin de que toda persoa que queira abrir un negocio en Santiago teña un trato persoalizado e prioritario, para eliminar toda a burocracia e todos os retrasos que supoñen un peso engadido a todas as cargas que xa se teñen que soportar».
Verea non quixo deixar de apuntar que o seu goberno dedicaría «programas específicos en cada unha das áreas comerciais da cidade, un programa de atracción de turistas e consumidores ao Ensanche, coa rexeneración de espazos emblemáticos, como o xa mencionado moitas veces espazo de Peleteiro, pero engadimos un novo, a praza das galerías do Ensanche, que leva anos e anos completamente abandonado». «Fronte ao desgoberno, ao despilfarro e á decepción nós imos seguir propoñendo medidas».
Aconcelleira popular, Olaya Otero, detallou algunha outra das medidas do plan de choque anunciado por Verea, como a reactivación da Mesa Local de Comercio, «para favorecer unha participación real do sector no deseño da estratexia comercial da cidade», ademais remarcou que «procederíamos á creación dunha comisión específica para revitalizar o comercio tradicional na zona histórica, dando prioridade aos artesáns con oficios tradicionais». A edil tamén puxo na mesa a necesidade de crear un Censo de Locais Comerciais Baleiros Dixital, «que sirva como ferramenta áxil, transparente e eficiente ás persoas emprendedoras».
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas