Orzamentos de Santiago: as reclamacións que o PSOE lanza a Raxoi
Os socialistas poñen sobre a mesa os atrasos en cuestións coma o contrato do transporte

Os concelleiros socialistas Sindo Guinarte e Marta Abal nun pleno / Antonio Hernández
O goberno local anunciou este xoves que segue coas xuntanzas para «dar conta dos avances dos compromisos vinculados aos orzamentos deste ano no marco do proceso de elaboración das contas municipais do ano que vén». Logo de reunirse cos catro edís non adscritos da Corporación local, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidiu o encontro co grupo municipal socialista –integrado polos edís Sindo Guinarte e Marta Abal–, no que por parte do goberno participaron a tenenta de alcaldesa, María Rozas, a portavoz do goberno, Míriam Louzao, e o concelleiro de Facenda, Manuel César.
Por parte do goberno local valórase como «positivo» o balance de compromisos, «como a posta en marcha da recarga municipal sobre o imposto de estadías turísticas ou o impulso a medidas vinculadas coa vivenda, como o futuro da parcela do antigo colexio Peleteiro, cunha reserva de polo menos o 45% de vivenda protexida».
Por parte do grupo socialista ponse máis o foco nos «acordos que aínda están pendentes de cumprirse», coma o contrato do transporte público, «que vai con evidente retraso» ou «a xestión do ciclo integral da auga, cuestións fundamentais» asegura a concelleiro Sindo Guinarte.
O edil tamén mencionou o compromiso de poñer en marcha unha empresa municipal de vivenda, un proxecto que «está aínda adiado» e citou tamén compromisos relativos aos centros de ensino polos que aínda se agarda, como «a cuberta do pavillón do CEIP de Fontiñas ou a reforma integral do pavillón de CIFP de Lamas de Abade».
Ademais deste encontro, o goberno local comunicou que se atopa en proceso de elaboración dos orzamentos municipais para 2026 e abriu esta canle de diálogo co grupo municipal socialista.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- «Visitar esta zona de la Catedral de Santiago es algo increíble»
- El regreso navideño más esperado en Santiago: un festival urbano con feria, foodtrucks, conciertos y más sorpresas