Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Bouza reclama á Xunta unha residencia para estudantes en Santiago

Critica que a cidade siga sen ser declarada zona de mercado residencial tensionado

Bouza, na súa comparecencia de onte ante os medios.

Bouza, na súa comparecencia de onte ante os medios. / CEDIDA

Santiago

O deputado no Parlamento de Galicia e secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor Bouza, solicitará que se incorpore nos orzamentos da Xunta do 2026 unha residencia universitaria en Santiago co obxectivo de «aliviar a presión que o estudantado exerce sobre o mercado do alugueiro». Ademais, defendeu crear un banco público de aluguer para mobilizar a vivenda baleira .

Bouza insistiu en que Santiago debe ser declarada zona de mercado residencial tensionado e criticou tanto ao Goberno de Alfonso Rueda como ao executivo de Goretti Sanmartín pola súa xestión. Así, indicou que a Xunta «tería que facelo de oficio» e que Raxoi «tivo tempo sobrado» para presentar correctamente a documentación. Así, considerou que «uns e outros están provocando que rematemos o ano» sen esa declaración.

O socialista situou hoxe a vivenda como «unha das cuestións que nos parece a máis prioritaria que temos a día de hoxe no traballo que estamos a facer» en Santiago e anunciou novas iniciativas socialistas neste ámbito.

Pedirán «que se incorpore, nos vindeiros orzamentos do ano 2026, unha residencia universitaria en Santiago», co obxectivo de aliviar a presión que o estudantado exerce sobre o mercado do alugueiro. «Estamos falando especificamente das residencias universitarias, no marco da vivenda, para conseguir que ese fluxo que existe, tantos mozos e mozas que a día de hoxe chegan a Santiago para estudar e que precisan unha vivenda, intentemos canalizalo tamén a través das residencias universitarias», indicou. Tamén recordou que «hai unha altísima demanda» que non pode cubrirse «por falta de prazas».

Enmarcou esta proposta nunha estratexia máis ampla para facer fronte á «crise» e á «emerxencia habitacional» da cidade.

Tracking Pixel Contents