Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A USC terá que pagar a Seguridade Social de 65 investigadores con contratos Margarita Salas e María Zambrano

CIG-Ensino, que realizou unha denuncia que vén de confirmar o Tribunal Supremo, solicita unha reunión co reitor para que faga efectivo o pagamento das contías

Investigadores en un laboratorio de la Universidade de Santiago.

Investigadores en un laboratorio de la Universidade de Santiago. / Antonio Hernández

Lorena Rey

Lorena Rey

Santiago

O Tribunal Supremo vén de desestimar o recurso de casación presentado pola Universidade de Santiago contra a sentenza do TSXG que lle daba a razón á CIG-Ensino no conflito colectivo presentado contra a práctica de descontar a cota patronal do total das axudas que debía percibir o persoal investigador con contratos María Zambrano e Margarita Salas. Os reitores optaran de forma maioritaria por pagar a cuota patronal da Seguridade Social cos fondos das convocatorias, que en teoría deberían destinarse a abonar salarios.

O persoal investigador da USC afectado, segundo CIG-Ensino, ascende a 65 persoas: cincuenta do programa Margarita Salas e 15 do María Zambrano.

A sentenza do Supremo declara que as traballadoras e traballadores, con contratos laborais afectados polo conflito colectivo, «teñen dereito a percibir cando menos como salario as contías que figuraban no RD 289/2021 do 20 de abril, tanto nas axudas Margaritas Salas (3.500€ brutos mensuais para quen realicen estadía no estranxeiro e de 2.800€ brutos mensuais para quen o faga dentro do estado) como nas axudas María Zambrano (4.000€ brutos mensuais)».

Dende CIG-Ensino, que indican que con anterioridade houbo outras sentenzas por ese pagamento na Universidade de A Coruña e na de Vigo, rexistrouse unha solicitude de reunión xunto coa reclamación perante ao reitor da USC para que «faga efectivo o pagamento desas contías a todo o persoal afectado, evitando que teñan que facer reclamacións individuais». Agardan «poder ter un proceso de negociación como aconteceu coa UDC onde se chegou a un acordo coa CIG-Ensino para pagar a todo o persoal, con independencia de que estivesen en activo como se xa remataran contrato».

Tracking Pixel Contents