Axenda cultural: Que facer hoxe, 17 de novembro, en Santiago?

Fotograma de 'La Casa de la Troya' / Cedida
La Casa de la Troya en Cineuropa con música en directo
Cineuropa proxecta a primeira versión cinematográfica da novela La casa de la Troya de Pérez Lugín con motivo do seu centenario, coa interpretación en directo da banda sonora, composta especificamente para celebrar o centenario da primeira adaptación cinematográfica da novela. Será este luns ás 21.00 horas no Teatro Principal, un dos escenarios da película, con entrada de balde previa retirada de convite.

A profesora Jalane Schmid / Universidade de Virginia
A guerra civil desde a perspesctiva dos Estados Unidos en Historia
CONFERENCIA. Enmarcada no ciclo ‘Pasados incómodos’, a profesora da Universidade de Virginia (USA) Jalane Schmidt pronuncia hoxe, ás 16.00 horas na Aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia, a conferencia Memoria histórica, espazo público, e guerra civil: unha perspectiva desde os Estados Unidos. Jalane Schmidt é directora do Memory Project da Iniciativa para a Democracia da Universidade de Virginia e profesora asociada de Estudos Relixiosos.

O presidente da RAG, Henrique Monteagudo / Cedida
Monteagudo reflexiona sobre o mito de Castelao
LUNS DO ATENEO. Nova entrega dos Luns do Ateneo. As 19.30 horas na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela o presidente da Real Academia Galega Henrique Monteagudo imparte a conferencia titulada Castelao, a forxa dun mito. O tamén catedrático da USC analizará a traxectoria vital e intelectual de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e o proceso polo cal a súa figura se converteu nun dos grandes símbolos do galeguismo e da identidade nacional galega. A conferencia é de entrada libre ata completar a capacidade da sala con prioridade para os socios do Ateneo.
Luz Atlántica na galería José Lorenzo
ARTE. A galería José Lorenzo amosa a exposición Luz Atlántica, protagonizada polos artistas vigueses José Frau e Ángel Sevillano. A mostra explora as paisaxes e interiores cargadas de forza e expresión de José Frau e as doces e cálidas figuras de Ángel Sevillano. Situada na Praza do Toural, a galería abre hoxe as súas portas de 11.30 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas