Día Mundial da Prematuridade: o CHUS homenaxea aos bebés e ás súas familias
Dende o Servizo de Neonatoloxía, que este luns fixo entrega de agasallos aos ingresados, poñen valor ao profesionais da unidade

Profesionais do Servizo de Neonatoloxía do Hospital Clínico no Día Mundial do Prematuro. / Cedida

Con motivo do Día Mundial da Prematuridade, que se celebra cada ano o 17 de novembro, o Servizo de Neonatoloxía do Hospital Clínico de Santiago entregou onte regalos a nenos prematuros ingresados por parte de AGAPREM (Asociación Galega de Familias de Nenos Prematuros. Hoxe e mañá haberá un taller de psicoloxía e outro de fisioterapia.
Xa dende o venres pasado, dende Neonatoloxía organizáronse diversas actividades para homenaxear aos bebés e as súas familias, amais de poñer en valor ao profesionais da unidade. Unha das actividade consistiu nun encontro con familias e profesionais. Tamén se fixo entrega do Patuco de honra a Manuela Otero Viqueira, TCAE, polo seu «espírito mediador e o teu traballo ben feito ao lado das familias» e organizouse un concurso de fotografía aos «grumetes máis divertidos».
Máis de 150 nacementos prematuros no 2024
En 2024, no CHUS rexistráronse 153 nacementos prematuros, o que supuxo un 7,53% do total. O bebé con menos tempo de xestación naceu ás 24 semanas e pesou 610 gramos, mentres que o de menor peso foi de 393 gramos e 26 semanas.
Amais é referencia en múltiples áreas de complexidade, atendendo a nenos prematuros e de baixo peso nados noutros centros, como foi o caso de Abraham Giménez Gabarre , o neno de menor peso que chegou con 360 gramos.
Referencia autonómica en hipotermia terapéutica
O Servizo de Neonatoloxía da área é referencia autonómica en hipotermia terapéutica e na realización de vídeo-polisomnografías para recén nados de menos dun mes con síndromes complexas e trastornos respiratorios graves.
Tamén é Centro de referencia nacional (CSUR) en enfermidades metabólicas hereditarias e membro da rede europea MetabERN, que agrupa centros expertos en estas patoloxías.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza