Nogueira propón un acordo para non retrasar a convocatoria de prazas urxentes e de estabilización na USC
Avoga por un pacto coas candidatas á reitoria para que as eleccións non alteren ese proceso

Alba Nogueira, candidata á reitoría da Universidade de Santiago. / Antonio Hernández
Redacción
A candidata á reitoría da Universidade de Santiago nos próximos comicios electorais Alba Nogueira dirixiuse ao vicerreitor de Profesorado, Ernesto González Seoane, e aos sindicatos, ofrecendo o seu apoio para que o proceso electoral no que está inmersa a institución académica compostelá non retrase a convocatoria de prazas urxentes que garantan o inicio de curso e a estabilización de PDI.
Alba Nogueira tende a man para chegar a un acordo co conxunto de candidatas que garanta que esas convocatorias necesarias para a boa marcha da docencia e para as prazas en condicións laborais más precarias se convoquen nos prazos habituais.
Necesario para comezar o curso
«Trátase de convocatorias con criterios bastante asentados e necesarias para comezar o curso e corrixir situacións de falta de estabilidade», segundo manifestou nun encontro co Colexio de Decanos de Santiago.
Desta forma, considera que o vicerreitor de Profesorado poderá sentirse apoiado para tomar esta decisión durante o período electoral sen que esta situación perxudique as actuacións máis urxentes no ámbito do persoal docente e investigador.
A negociación cos sindicatos, conforme aos criterios que se veñen manexando desde hai tempo, permitiría ademais abordar ao equipo reitoral que gañe as eleccións convocar con maior prontitude o resto das prazas de promoción pendentes.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza