O CEIP Monte dos Postes volve a solicitar máis profesorado de apoio: «Seguiremos loitando»
A comunidade educativa do centro protestara no inicio do curso e Educación non atendeu a demanda
Piden un especialista en pedagoxía terapéutica e outro en audición e linguaxe

Protesta diante do CEIP Monte dos Postes, este martes. / Cedida

Pais e nais de alumnado do colexio Monte dos Postes concentráronse este martes diante do centro para denunciar de novo a insuficiencia de profesorado de pedagoxía terapéutica (PT) e de audición e linguaxe (AL), así como de persoal coidador. O pasado 8 de setembro, coincidindo co inicio do curso, a comunidade educativa xa realizara unha protesta para pedirlle a Educación persoal para atender ao alumnado con necesidades especiais.
«A inspectora solicitoulle á Consellería de Educación un especialista en pedagoxía terapéutica e outro en audición e linguaxe, pero simplemente responderon negativamente á dirección do centro por teléfono. Non hai un documento no que se expliquen as causas», comenta Marta Abal, presidenta da Anpa, que asegurou que «a pesar de que non nos atendan as demandas imos seguir loitando polo que lle corresponde ao centro».
No presente curso, o colexio ten máis de vinte nenos e nenas con necesidades educativas especiales (NEE), cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33% Para a súa atención hai un profesor de PT e 1 e medio de AL, compartido con Fontiñas.
Apoio do BNG: levan as demandas ao Parlamento
Facéndose eco desta situación, as deputadas nacionalistas Saleta Chao Rivas e Cristina Fernández Davila veñen de presentar unha pregunta para resposta oral en Pleno no Parlamento de Galicia.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas