Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A USC escala posicións no Ránking QS de sustentabilidade: está entre as mellores 400 do mundo

Pasa do chanzo 454 do mundo ao 396 e sitúase no número 15 de España

Estudantes na entrada da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago.

Estudantes na entrada da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. / Antonio Hernández

Lorena Rey

Lorena Rey

Santiago

A clasificación de universidades que QS elabora logo de medir o seu compromiso cunha existencia máis sostible, avaliando tanto o impacto social como ambiental, sitúa a Universidade de Santiago (USC) no chanzo 396 do mundo, na posición 180 de Europa e no banzo número 15 de España. Estes resultados supoñen unha mellora con respecto aos obtidos o ano pasado cando a USC se situaba 454 do mundo, 204 na contorna europea e 22 no ámbito do Estado.

Ademais da información enviada polas propias institucións, a clasificación baséase en datos propios de QS obtidos a través de enquisas de reputación académica e empresarial, así como fontes públicas e terceiros como poden ser a ONU ou a UNESCO. O 45% da puntuación obtida polas universidades refírese ao seu impacto medioambiental, outro 45% ao seu impacto social e o 10% restante á gobernanza.

No apartado de impacto ambiental a institución compostelá recibiu 43.5 puntos en sustentabilidade ambiental, 65.6 en educación ambiental e 87 en investigación ambiental. En impacto social, o apartado mellor valorado é o de saúde e benestar cun 90.3 puntos, seguido de intercambio de coñecementos con 86.4, entre outros. En boa gobernanza sitúase nunha puntuación de 85.2.

O Ranking QS sitúa á Universidade de Vigo no chanzo 359 do mundo, mentras que a Universidade de ACoruña está no posto 796 da clasificación.

Tracking Pixel Contents