Axenda cultural: Qué facer hoxe, 21 de novembro, en Santiago?

Manolo García en un concierto / EFE
Xira 2025 de Manolo García, concerto no Palacio de Congresos
DIRECTO. O excompoñente de El Último de la Fila, Manolo García, volve hoxe ás 20.30 horas a Santiago cun concerto enmarcado na súa xira de teatros 2025. O músico chega presentando Drapaires Poligoneros, o seu novo disco, publicado o 31 de outubro. Sobre o escenario van sor esta noite temas inéditos xunto a unha revisión moi especial de Arena en los bolsillos, o seu primeiro álbum en solitario. Tampouco faltarán algúns dos seus grandes éxitos, nunha cita que «será pura emoción e música compartida».

Compoñentes de Acouga / Cedida
Acouga despide ‘Ámbar’ no Riquela
Acouga despide o seu primeiro álbum Ámbar cun concerto «irrepetible, cargado de enerxía e colaboracións sorpresa». Un directo ás 21h. no Riquela para celebrar un disco que «é moito máis ca un disco, igual que a resina fósil que lle dá nome, busca conserva recordos e emocións».
Cineuropa conta un ano máis coa Real Filharmonía
CINE E MÚSICA. A Real Filharmonía de Galicia toma parte un ano máis no programa de Cineuropa e ponlle música en directo á proxección de Sing Sing, un filme dirixido por Greg Kwedar con música de Bryce Dessner (O renacido e Os dous Papas), que a orquestra interpretará baixo a batuta de Ben Voce. O concerto é no Auditorio de Galicia ás 20.30 horas.

Francisco Castro / Cedida
A Ánxel Casal celebra con Francisco Castro o Día da Música
NA BIBLIOTECA. A Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago celebra hoxe o Día da Música, Santa Cecilia, e faino co concerto Poesiacordes de Francisco Castro. Un espectáculo que recolle «a gran poesía galega musicada dende os tolos anos 60 ata os nosos días». A cita é ás 19 horas e o público asistente poderá «escoitar e cantar a Rosalía de Castro, a Álvaro Cunqueiro, a Curros Enríquez e a outras e outros máis nunha proposta na que vai estar o rock, o pop, o reagge e as baladas» na procura de que o público non deixe «de cantar nin un segundo».
Museo da Maxia en San Miguel dos Agros
A Praza de San Miguel dos Agros acolle o Museo da Maxia de Galicia, un espazo pioneiro concibido para preservar, divulgar e celebrar o patrimonio máxico galego a través dun percorrido cheo de historias, obxectos e ilusións. Pódese visitar os xoves e venres pola tarde e os sábados e domingos de mañá e de tarde.
O festival ‘Dálle xogo’ chega a Área Central
O I Festival Dálle Xogo celébrase no Centro Comercial Área Central dende esta tarde –de 16.30 a 20.30 horas–, e ao longo de toda a xornada do sábado 22. Coa participación dunha ducia de editoriais de xogos de mesa e máis de 20 entidades colaboradoras, o evento conta con espazos de xogo libre, torneos, charlas e expositores de diferentes marcas tanto galegas como estatais.
Dupla cita coa Banda de Música no Auditorio
O Concerto Músico Máxico é un espectáculo didáctico e participativo no que a Banda de Música e o ilusionista Quiquemago convidan o público a descubrir como a música e a maxia camiñan da man, e fano esta mañá no Auditorio de Galicia en dúas quendas, ás 10 e ás 12 horas. «Unha viaxe divertida por estilos e conceptos musicais como o papel da dirección.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas