Santiago
Pleno infantil en Raxoi: «Quero ser alcalde para que me fagan caso»
O Concello de Santiago sumouse á conmemoración do Día da Infancia coa celebración dun pleno con alumnado de Primaria do CEIP Arquitecto Casas Novoa

Un momento do pleno infantil celebrado no Pazo de Raxoi / Antonio Hernández

A conmemoración do Día da Infancia volveu deixar unha curiosa imaxe no salón de plenos do Concello de Santiago. Nenos e nenas de sexto de Primaria do CEIP Arquitecto Casas Novoa conformaron na xornada de onte a Corporación municipal e algúns deles mesmo manifestaron a súa vocación política, aínda que as razóns non tiveran moita relación co servizo público: «Quero ser alcalde para falar e que me fagan caso. Podes poñer parques e outras cousas divertidas», asegurou Felipe, un dos ‘concelleiros’.
Melloras para xogar nos días de choiva
Para comezar a sesión, a alcaldesa Goretti Sanmartín deulles a benvida aos rapaces e explicoulles as funcións e as dinámicas do pleno para introducir despois algúns asuntos de debate. O intercambio de opinións comezou falando dalgúns dereitos da infancia, pero á hora de formular peticións, os nenos e nenas centráronse en reclamar melloras no seu centro educativo.
Desta maneira, unha das cuestións máis mencionadas foi a habilitación de zonas cubertas para que os días de choiva «poidamos xogar fóra», así como unha pasarela desde a entrada do recinto ata a porta do edificio co mesmo propósito. Outras melloras relacionadas co lecer, como redes para as porterías e para as canastras tamén foron solicitadas.
Horario partido ou continuo
Un dos puntos que máis debate xerou foi o horario de clases, entre os defensores da xornada partida, a que teñen na actualidade neste centro, ou a continua. David abogou por seguir tendo clase mañá e tarde porque así «se reparten mellor as clases e non se fai tan pesado», mentres que Miguel afirmou que «eu aguanto mellor a xornada única», algo no que coincidiu Noa porque permite «ter máis tempo libre». Ademais, tratáronse outras cuestións como o uso de cámaras de seguridade e a privacidade, ou a responsabilidade de ser monitores do comedor.
Tamén houbo espazo para reclamacións de fóra do ámbito escolar, como a de mellorar a limpeza dos centros socioculturais do rural reivindicada por Xoel. A rexedora asegurou que «tomamos nota» de todas as reclamacións.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza