A Área Sanitaria crea unha unidade de valoración ecográfica de atención primaria
Dende a Agamfec indicaron que «chama a atención este tipo de medida»

Una ecografía abdominal puede revelar la presencia de cálculos en la vesícula. / Freepik
«Ante a demanda de ecografías abdomináis procedentes de atención primaria», a dirección da Área Sanitaria de Santiago tomou a decisión de «crear unha unidade de valoración ecográfica de atención primaria co fin de adoptar medidas máis eficientes para a mellora da atención aos pacientes».
Dende a Xerencia sinalan que «o grupo formado por médicos especialistas en medicina familiar é o encargado de revisar as ecografías solicitadas e así darlle prioridade ás que precisen ser atendidas con maior rapidez», e engaden que «a revisión de solicitudes feitas por facultativos con elevada experiencia garante que cada petición sexa analizada de xeito riguroso». Apuntaron, ademais, que «a medida adóptase con fin de mellorar a atención dos pacientes».
Tras esta decisión, dende a Agamfec (Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria) indicaron que «chama a atención que este tipo de medidas non se tomen co resto de facultativos da Xerencia, o que da a entender que hai un colectivo na que a calidade se presupón, que son os especialistas do hospital, e noutro, os especialistas de atención primaria, se da por feito que non se adecúan as normas e guías clínicas». E afirmaron que «este tipo de medidas o que amosan é desconfianza e desprezo focalizado na atención primaria».
Na Área sanitaria de Santiago sinalaron que «son os médicos especialistas de atención primaria os que levan liderando a formación en ecografía clínica dos profesionais deste nivel asistencial nos seus centros de saúde, xa que son coñecedores profundos e directos das necesidades asistenciais da atención primaria».
- El amor sonó más fuerte que la música: la pedida de mano compostelana en el concierto de David Bisbal en A Coruña
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- Huelga de buses en Santiago: los piquetes impiden otra vez que salgan los servicios mínimos de Amio
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco