Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Marta Abal critica o «abandono» do goberno de Sanmartín na senda de Aríns e na Rocha Vella

 O Grupo Municial Socialista vén de presentar dous rogos no Pleno xa que «o mínimo que debe garantir un goberno é limpeza, seguridade e respecto pola xente»

Río Sar ao seu paso por Santiago

Río Sar ao seu paso por Santiago / Antonio Hernández

Santiago

Co obxectivo de «denunciar unha vez máis o abandono continuado ao que o goberno da señora Goretti Sanmartín está sometendo á nosa cidade», o Grupo Municipal Socialista presentou dous rogos no Pleno deste xoves 19 de novembro, segundo afirmou a concelleira socialista Marta Abal.

A edil explicou que a senda de San Martiño de Aríns «leva semanas nun estado lamentable», describindo un percorrido «completamente cuberto de follas e restos vexetais que converten o trazado nun risco real de esvaróns e caídas». Abal subliñou que «é imprescindible que o goberno municipal actúe de inmediato e garanta un percorrido seguro para toda a veciñanza».

A concelleira trasladou tamén que na Rocha Vella «moitas das cunetas se atopan nun estado de abandono evidente, cheas de terra e maleza, reducindo o espazo de paso e impedindo que a auga da chuvia circule con normalidade». Por este motivo, o PSdeG solicita «a súa limpeza e desbroce canto antes».

Abal defendeu a presentación destes dous rogos para «esixir que o goberno de Goretti Sanmartín deixe de dar as costas á cidadanía e actúe tanto na senda de Aríns como nas cunetas da Rocha Vella». A socialista advertiu que «Compostela non pode ter veciñas e veciños de primeira e de segunda, e o mínimo que debe garantir un goberno é limpeza, seguridade e respecto pola xente».

Tracking Pixel Contents