Axenda cultural: Qué facer hoxe, 24 de novembro, en Santiago?

A mostra sobre Malcolm X estará aberta ata o 19 de decembro / C.
El Correo Gallego
A figura de Malcolm X protagoniza unha mostra en Xornalismo
ANIVERSARIO. A Biblioteca de Ciencias da Comunicación acubilla ata o 19 de decembro a exposición Cen anos de Malcolm X: voces negras e pensamento decolonial, coa que conmemora o centenario do líder afroamericano e revisita o seu legado desde unha perspectiva que entrelaza a historia intelectual, o activismo e a creación artística. A mostra traza un percorrido desde o pensamento antillano de figuras como Marcus Garvey, Aimé Césaire, Bell Hooks e Frantz Fanon ata as correntes de pensamento decolonial comtemporáneo.
Exposición de Jorge Mirás no Centro Empresarial do Tambre
ARTE. Jorge Mirás inaugura esta tarde, a partir das 20:00 horas, no Centro Empresarial do Tambre, a exposición Inspirar/Expirar. Unha mostra de carácter minimalista composta por 24 pezas, nas que o artista utiliza formas orgánicas e elementos verticais como bloques feitos con arcilla que se adhiren ao lenzo. Estará aberta ata o 18 de decembro, e pode visitarse de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00. Recoméndase avisar previamente no teléfono 981 55 28 50.

Unha das obras da exposición de Jorge Mirás no Tambre / c.
Nicolás Sartorius charlará no CSC O Ensanche
CONFERENCIA. Nicolás Sartorius, figura clave do antifranquismo e político afiliado ao PCE desde o ano 1961, pronunciará hoxe unha charla sobre La lucha por la libertad no centro sociocultural O Ensanche, dentro do ciclo de conferencias sobre A Transición. Será a partir das 18:00 horas, nun acto presentado por Amelia Pérez, secretaria xeral de CCOO en Galicia.

Nicolás Sartorius / Jorge Valiente
Aula itinerante de Sogama no campus da USC
Baixo o lema Reinicia os teus hábitos. Reduce, Reutiliza e Recicla!, Sogama pon en marcha unha campaña dirixida ao público universitario para trasladar as boas prácticas ambientais na xestión sostible dos residuos urbanos. Atendida por técnicos especializados, instalarase este luns nas inmediacións da Biblioteca Concepción Arenal, en horario de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30 h., onde instruirá aos estudantes e viandantes sobre a necesidade de previr e reducir a produción de residuos.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas