Proxecto para o parque comarcal
Raxoi lanza unha proposta aos sindicatos de bombeiros para desbloquear o conflito
Tras a aprobación en pleno extraordinario do pagamento das extras, o goberno local conta cunha nova xuntanza "o antes posible"

Raxoi lanza unha proposta hoxe aos sindicatos de bombeiros para desbloquear o conflicto / N. S.

Despois dunha nova fin de semana co Parque de Bombeiros de Santiago baixo mínimos en canto a número de efectivos a voceira do goberno local, Míriam Louzao, daba conta dos pasos de Raxoi este luns para tratar de desencallar o conflito "canto antes".
"Despois da última conversa a finais da semana pasada", explicaba a concelleira, "temos previsto ao longo do día de hoxe -por este luns- enviar unha proposta por escrito aos sindicatos e nos vindeiros días convocar unha xuntanza para poder valorala e confiamos en poder chegar a un acordo canto antes para poder volver a unha situación de normalidade".
Pagamento da débeda
Preguntada sobre se o Concello tiña entre mans un plan para que os efectivos do Corpo de Extinción de Incendios retome a execución de extras, Míriam Louzao remitiuse ao pagamento das horas que se lles debían aos bombeiros e que ascenden a 2.172.487 euros correspondentes ao período comprendido entre novembro de 2024 e maio de 2025 (máis o pago das festividades, sábados e domingos de xaneiro a setembro deste ano).
O pagamento aprobouse na sesión extraordinaria do pleno do venres 22 de novembro cos votos a favor de BNG, Compostela Aberta e PSdeG e coas abstencióna de PP e non adscritos. "O primeiro compromiso era o do pagamento das extras que se fai agora", aclarou a edil en referencia a que se abonarán xunto coa nómina do mes de novembro, "para iso se fixo un pleno extraordinario, porque no ordinario deste mes non chegaría a tempo". Louzao recalcou tamén que o goberno de Santiago continúa "traballando para poder valorar o resto de demandas laborais que teñen policías e bombeiros e poder chegar a un acordo".
Aumento de efectivos
En relación co traballo do executivo de Goretti Sanmartín para resolver o conflito cos bombeiros composteláns e dar resposta ás súas demandas, a voceira do goberno local lembrou "xa o dixemos tamén, vai haber un número importante de aumento de efectivos nos vindeiros meses". Un incremento que supoñerá convocar, con carácter de interinidade, 12 novas prazas. "O goberno está facendo moitos esforzos para poder chegar a ese acordo sobre unha situación que quero lembrar, unha vez máis, vén herdada de moitos anos, é un problema estrutural do que xa demos longas explicacións de por que se chegou a este punto".
Unha situación herdada que o goberno vincula ás limitacións da taxa de reposición derivada da coñecida Lei Montoro pero que tamén defende que durante este conflito cos bombeiros "se levou ao máximo que a norma permite". A portavoz do goberno bipartito insistiu neste punto e tamén asegurou que "agora o que queremos é poder solucionar o conflito non só dando esa resposta a esas demandas senón tamén tomando medidas para que cambie a situación do número de efectivos e poder, por tanto, evitar que volva a suceder esta cuestión".
Sae a contrato a redacción do proxecto para o parque comarcal
A xunta de goberno celebrada este luns deu luz verde ao expediente de contratación para a redacción do «proxecto e dirección facultativa do Parque Comarcal de Bombeiros». O anuncio facíao a voceira do goberno, Míriam Louzao, que explicaba para esta redacción se dispón dunha partida orzamentaria de 202.585 euros.
O Parque Comarcal de Bombeiros vaise localizar no número 256 da rúa do Cruceiro da Coruña e vai contar cun orzamento de execución de 3,5 millóns de euros e cun prazo de execución total da obra de 33 meses. Ademais, o parque vaise situar nunha parcela de 20.000 metros cadrados e contará cunha superficie útil de máis de 3.000. «A vixencia do contrato estenderase dende asinatura ata a liquidación do contrato de obras», explicou Louzao.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La profesora Marina Paredes se despide entre vítores tras 42 años de docencia en el Colexio Compañía de María
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo