Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, 25 de noviembre, en Santiago?

Circo da man de Mariana de Sanctis no Salón Teatro

Circo da man de Mariana de Sanctis no Salón Teatro / Cedida

Santiago

Circo da man de Mariana de Sanctis no Salón Teatro

A polifacética artista Mariana de Sanctis presentará hoxe en Santiago Mother.Woman.Artist dentro da programación de D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo. A cita é ás 20.30 horas no Salón Teatro con entradas desde 9 euros. O espectáculo preséntase como «circo crú e irónico no que a artista dialoga co público e da testimonio da violencia vivida», un #MeToo que reivindica a victoria de ser nai, muller e artista.

Obradoiro literario con Daniel Asorey para descubrir Compostela

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración co Concello de Santiago, organiza o obradoiro de creación literaria As Compostelas que hai en min, impartido por Daniel Asorey no marco da Escola de Escritoræs da AELG. A proposta convida a descubrir Santiago como territorio literario, emocional e simbólico. Hoxe o obradoiro terá lugar entre as 16.30 e as 19.00 horas na zona C e o próximo sábado repítese a actividade Para participar hai que inscribirse no correo oficina@aelg.org.

Obradoiro literario con Daniel Asorey para descubrir Compostela

Obradoiro literario con Daniel Asorey para descubrir Compostela / Cedida

Facom Fest entrégalle o premio honorífico á directora Paula Cons

Segunda xornada do Facom Fest na Facultade de Ciencias da Comunicación. O festival, organizado por estudantes da USC e dedicado ao cine emerxente, fará hoxe entrega do Premio Honorífico Clac Dourado a directora galega Paula Cons. A programación comezará ás 11.00 cunha charla de cine e literatura entre a escritora Berta Dávila e o cineasta Álvaro Gago. Pola tarde, a partir das 16.00 h, proxectaránse traballos de directores galegos como O corpiño, Zihoeta, Quen nos salva? e tamén de directores internacionais.

Facom Fest entrégalle o premio honorífico á directora Paula Cons

Facom Fest entrégalle o premio honorífico á directora Paula Cons / Cedida

Concertos na Borriquita e nas Crechas

Dúas propostas musicais nos pubs de Compostela para esta noite. A Borriquita de Belém programa un concerto de Daniel Sueiro Trío (21.30 h/8 euros) dentro do seu ciclo Agustito. Á mesma hora, con entrada a 6 euros, na Casa das Crechas poderase escoitar o jazz e o soul dun grupo habitual nas noites de Compostela, The Spoonfuls.

Tracking Pixel Contents