O PP de Santiago denuncia que a CIG conclúa a manifestación do 25-N ante a súa sede
Reclaman aos grupos de goberno, BNG e Compostela Aberta, que condenen esta acción do sindicato nacionalista

A mobilización da CIG polo 25-N parou a súa protesta reivindicativa diante da sede do PP local / CEDIDA
O 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, tivo este ano en Compostela un episodio máis propio da polarización política do momento que dunha xornada reivindicativa dos dereitos das mulleres, da igualdade de xénero e da erradicación das violencias machistas. O sindicato CIG finalizou a súa mobilización do 25 de novembro diante da sede do Partido Popular de Santiago. Acto que dende as filas populares non tardaron en denunciar, nin en pedir a condena deste feito por parte dos grupos que conforman o goberno bipartito, BNG e Compostela Aberta.
“É unha total incoherencia", explicaba a concelleira María Baleato, "que unha protesta a favor dos dereitos das mulleres teña como obxectivo protestar ante varias traballadoras que só están a facer as súas funcións”, ao tempo que destacaba que "o persoal do PP de Santiago mantívose traballando escoltado pola Policía Nacional, despois de que a CIG ameazase con rematar a súa manifestación diante da nosa sede". Ao tempo, a concelleira denunciaba que a CIG "leva repartindo estes días varios carteis avisando" de que a manifestación finalizaría na sede dos populares, algo que considera "esperpéntico e fóra de lugar".
Os concelleiros do PP puxeron tamén atención no lema da mobilización do sindicato nacionalista: 'Retroceder en dereitos, incrementa a violencia. Por unha Galicia con dereitos, traballo digno e igualdade'.
Solidariedade e feminismo
A concelleira do PP Olaya Otero, pola súa banda, facía nas súas redes sociais unha denuncia da situación vivida, ao tempo que demandaba que unha xornada coma o 25-N debera ser de "solidariedade e feminismo". "Non puiden exercer libremente o meu dereito ao traballo. Estiven escoltada pola policía coas miñas compañeiras mentres outras mulleres nos increpaban e insultaban", publicaba a edil.
Otero, nesa mesma publicación nas redes sociais, proclamou o seu feminismo: "Son feminista!! Loito por erradicar a desgraza absoluta que é a violencia machista. A vida vaime niso!". Unha reivindicación que acompañou tamén de crítica á acción da mobilización sindical que rematou ante a sede do seu partido: "O acontecido prodúceme unha profunda tristeza, nunha xornada na que a solidariedade e o feminismo deberan estar por riba de calquera outra cousa".
- El amor sonó más fuerte que la música: la pedida de mano compostelana en el concierto de David Bisbal en A Coruña
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- Huelga de buses en Santiago: los piquetes impiden otra vez que salgan los servicios mínimos de Amio
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco