Santiago
Raxoi reafirma no 25N a "tolerancia cero" coa violencia contra as mulleres
A Corporación municipal deu lectura a unha declaración institucional nun acto que contou coa participación de alumnado de centros de ensino de Santiago

Imaxe de grupo dos asistentes ao acto institucional do Concello de Santiago polo 25N / E. P.

O Pazo de Raxoi acolleu este martes un acto institucional polo 25N, no que estiveron presentes todos os grupos da Corporación e contou coa participación de alumnado do IES Antonio Fraguas e o IES de Sar. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, proclamou "a necesidade de ter tolerancia cero coa violencia contra as mulleres, de transmitir a idea de que non podemos dar ningún paso atrás e de que non teñen que cabida os discursos de odio nin os discursos negacionistas da violencia de xénero".
Participación dos centros educativos
A continuación, a rexedora deu paso ás intervencións de dous grupos de alumas do IES Antonio Fraguas. En primeiro lugar, Zaida Rodríguez, Daisy Cámara e Soledad Gabarri denunciaron "todas as violencias que vivimos as mulleres e as desigualdades de xénero que atravesan a sociedade de arriba abaixo, isto non é un problema de individual nin puntual, é algo estrutural, un sistema enteiro que nos quere en silencio". Ademais, reivindicaron "unha educación afectivo-sexual real, crítica, feminista e baseada no consentimento". Ao remate do discurso deron lectura a un poema.
Pola súa banda, Paula Barreiro, Alicia Campos e María Rodríguez puxeron o acento na violencia dixital, sinalando que "a violencia non sempre aparece en forma de golpes nin de palabras berradas, ás veces agóchase detrás dunha pantalla, disfrazada de mensaxes, comentarios ou burlas que parecen pequenas, pero que chegan a facer un dano profundo e silencioso". Deste xeito, apuntaron que "é importante que todas e todos nos comprometamos a crear espazos máis seguros, non compartir insultos, non participar en burlas, non gardar silencio cando vemos unha inxustiza".
Declaración institucional da Corporación
Para finalizar o acto, Mercedes Rosón (non adscrita), Marta Abal (PSOE), Borja Rubio (PP), María Rozas (CA), Míriam Louzao (BNG) e a alcaldesa compartiron a lectura da declaración institucional aprobada por unanimidade no pleno.
O texto pon o foco nos retos que as administracións públicas teñen por diante en materia de prevención e erradicación da violencia de xénero, reclama dotar de máis recursos económicos e persoais para manter unha colaboración interinstitucional efectiva e reafirma o compromiso da Corporación coas políticas públicas centradas nesta materia.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago