Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

Abal critica a falta de avances de Raxoi no novo modelo de comedor escolar

A socialista critica que o que vai chegar ao próximo pleno «é só a creación dunha comisión de estudo»

A edil socialista Marta Abal en rolda de prensa no Concello de Santiago

A edil socialista Marta Abal en rolda de prensa no Concello de Santiago / Cedida

Santiago

A concelleira do PSOE, Marta Abal, expresou a súa preocupación pola «ausencia de avances reais» no proxecto de transformación do servizo municipal de comedor escolar, anunciado polo goberno local hai máis dun ano e medio. Abal lembrou que en setembro de 2024 anunciouse a construción dunha cociña central e a municipalización da cociña escolar. Con todo, indicou que, tras o tempo transcorrido, «o que chega ao pleno é só a creación dunha comisión de estudo para determinar a súa forma de xestión».

A edil sinalou «temos un contrato a piques de caducar, incerteza sobre o futuro do servizo e unha evidente falta de transparencia». Deste xeito, engadiu que o executivo municipal «intenta cargar na oposición a responsabilidade da súa deficiente xestión mediante a creación dunha comisión sen informes, sen estudos e sen documentación que permitan tomar, de xeito obxectivo, unha decisión».

Tracking Pixel Contents