Axenda cultural: Que facer hoxe, 26 de novembro, en Santiago?
Desde EL CORREO GALLEGO propoñémosche varias actividades para este mércores en Compostela

La pianista y abogada Isabel Dobarro, en la recepción de los nominados de los Latin Grammy 2025 / Instagram
A pianista Isabel Dobarro actúa na casa tras gañar o Grammy
CONCERTO. A pianista compostelá Isabel Dobarro regresa á súa cidade tras gañar o Latin Grammy cun recital centrado na creación feminina internacional.
Dobarro presentará no Auditorio (20.30 horas) o seu traballo Kaleidoscope, unha viaxe sonora que percorre distintas xeografías e linguaxes, desde Karen Tanaka a Zulema de la Cruz, pasando por Ann Southam, Consuelo Díez ou a galega Carme Rodríguez. O disco de Dobarro acadou a mediados deste mes o Latin Grammy como Mellor Álbum de Música Clásica.
Circo no Salón Teatro
CIRCO. O Festival D10 trae hoxe a Santiago a proposta da catalana Silvia Capell. As 20.30 horas no Salón teatro a compañía presenta a súa obra Ángela, «unha conferencia de circo-arte, dirixida por unha enxeñeira arodinámica contemporánea que utiliza a pértiga china e a balanza». Entradas dende 8 euros.

Garuz, López, Sutil, Reboleiro, Brandido y Coucheiro, en el Salón Teatro. / Cedida Rocío Cibes
Dúas presentacións de libros esta tarde en Numax e en Couceiro
LITERATURA. Dúas librarías da cidade contan esta tarde con presentacións de libros. Ás 19.00 horas, en Couceiro, Antonio Iglesias falará da súa obra A ditadura portuguesa contra Castelao, editado por Galaxia. Acompañando o autor, estará Mario Regueira, crítico e profesor na USC.
Á mesma hora en Numax a ilustradora Nuria Díaz presenta ¿De qué tienes miedo? (Lunwerg). A autora estará acompañada pola escritora Nuria Vil. En ambos casos a entrada é libre ata completar aforo.
Xornada sobre mulleres e fotografía
CONSELLO DA CULTURA. O Consello da Cultura Galega (CCG) acolle hoxe a partir das 10:30 horas a xornada “Fotografía e feminismos”.
Mulleres recoñecidas como Carmen Dalmau, Margarita Ledo ou Silvia Omedes achegarán os seus coñecementos e reflexións arredor da fotografía e do feminismo. A sesión pódese seguir en directo desde a web do CCG e a canle de YouTube.

Anna Turbau, Festa do Restaurante Asasino, Santiago de Compostela, 1977 / Fondo Anna Turbau. Consello da Cultura Galega
Concerto de MFC Chicken na Capitol
CONCERTO. A sala Capitol acolle un concerto de MFC Chicken, formado con Spencer Evoy (saxo/ voz principal), Ravi Low-Beer (batería), Zig Criscuolo (baixo/voces) e Dan Dan Criscuolo (guitarra/voces).
A apertura de portas será ás 19.30 horas e o concerto está previsto que comece unha hora máis tarde, ás 20.30 horas. Este grupo toca cancións de rock and roll crudo «que tratan sobre comida rapida y corazones rotos».
Sesións de cine en Filosofía e no Cineclube
CINEMA. O salón de actos da facultade de Filosofía da USC acolle ás 18.00 horas a primeira sesión dun miniciclo polo 50 aniversario da morte de Franco coa proxección do filme Canciones para después de una guerra (1976), de Basilio Martín Patino.
A maiores, o Cineclube ofrece unha sesión tripla sobre os roles da muller no espazo doméstico. Será no CS O Pichel, a partir das 21.30 horas. ECG
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago
- Una cafetería de Santiago se cuela entre las mejores de Europa
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza
- Un rayo deja inoperativos los semáforos de Santiago y limita los accesos al túnel del Hórreo