Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

Castro reclama a rehabilitación integral do parque da Trisca

Os non adscritos tamén reclaman axilidade na constitución do foro participativo sobre a taxa turística

Os edís non adscritos Castro, Muíños e Rosón, coa asociación de veciós A Xuntanza

Os edís non adscritos Castro, Muíños e Rosón, coa asociación de veciós A Xuntanza / Cedida

Santiago

A concelleira non adscrita Mila Castro levará ao pleno deste xoves unha iniciativa para que se inicien os traballos para acometer unha rehabilitación integral do parque da Trisca, co horizonte temporal de que finalicen o vindeiro ano. Castro reclama que se incorporen novos elementos de xogo ao tempo que se actúa para mellorar os actuais. «Trátase dun espazo necesitado dunha actuación de remodelación e no que se ten comprobado un abandono en canto ao mantemento diario», explicou Castro lembrando que en xuño as familias usuarias do parque tiveron que acometer a limpeza deste espazo.

Taxa turística

A iniciativa das chega despois dunha xuntanza coa AAVV A Xuntanza na que ademais se falou da gobernanza da taxa turística. Neste punto, os non adscritos reclaman axilidade na constitución do foro participativo e lamentan que Raxoi «aínda non se puxera en contacto coas asociacións veciñais».

Tracking Pixel Contents