Santiago
Louzao denuncia que a Xunta «non cumpre coa capital do país»
O BNG presenta emendas aos orzamentos autonómicos para reclamar máis fondos de capitalidade e investimentos en diferentes áreas

Míriam Louzao e Saleta Chao, na presentación das emendas do BNG para Santiago / Cedida

A voceira do BNG, Míriam Louzao, e a deputada Saleta Chao presentaron onte as emendas relativas a Santiago da formación nacionalista aos orzamentos da Xunta para 2026. Louzao denunciou que Compostela «non ten o tratamento orzamentario que merece» e, polo tanto, o goberno autonómico «non cumpre coa capital do país».
Nesta liña, Louzao lembrou que Santiago non percibe a cantidade que lle corresponde por ser capital, segundo os últimos estudos realizados. Por iso, o BNG reclamará que se incremente esta cifra desde os 3 millóns previstos ata os 8,6. Ademais, solicitarán 600.000 euros máis para o Consorcio e 300.000 máis para o parque comarcal de Bombeiros.
Infraestruturas educativas e deportivas
Chao tamén sinalou que reclamarán máis fondos para infraestruturas deportivas e educativas. Así, propoñen a construción dun pavillón polideportivo no CEIP Ramón Cabanillas, melloras no estadio Verónica Boquete ou o 40 % do custe dun novo pavillón en Salgueiriños cuxo importe restante cubrirán os fondos EDIL captados recentemente.
Do mesmo xeito, as emendas da formación nacionalista inclúen vellas demandas da cidade, entre as que figuran un conservatorio de danza, a ampliación do de música, ou o aumento da capacidade da Escola Oficial de Idiomas, mediante un novo edificio ou unha ampliación do actual.
Vivenda e territorio
O BNG tamén pide unha partida de máis de 23 millóns para vivenda. Esta cantidade sufragaría un programa de acceso á vivenda cun plan de rehabilitación. Tamén propoñen a mellora da rede de internet no rural ou un plan de prevención de asolagamentos, entre outras medidas.
«Non somos optimistas», valorou Louzao sobre as posibilidades de que as emendas sexan incorporadas ao proxecto de orzamentos.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas