O PSOE acusa a Raxoi de «inacción ante o deterioro» da seguridade viaria en Laraño
Guinarte denunciará a situación no pleno de hoxe reclamará medidas efectivas

O voceiro do grupo municipal socialista, Gumersindo Guinarte / Antonio Hernández
O Grupo Municipal Socialista denunciará no pleno de hoxe a «parálise» do goberno de Sanmartín respecto ás melloras de seguridade viaria en Laraño, unha parroquia onde, segundo alertan, a veciñanza leva meses advertindo dun problema «grave e coñecido» sen que o Concello dera «un só paso efectivo» para resolvelo.
O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, sinalou que nesta parroquia «a veciñanza leva meses reclamando solucións, advertindo do perigo dos viais e denunciando accidentes recorrentes tanto para condutores como para peóns».
«Non abonda con anunciar estudos»
Guinarte lembra que en setembro Raxoi anunciou a solicitude de informes para avaliar a sinistralidade, pero dous meses despois «non hai novidades nin actuacións visibles». Por iso, demandará o contido dos informes e as medidas previstas ao considerar que «non abonda con anunciar estudos, cómpre actuar, tomar decisións, reforzar a seguridade dos viais e ofrecer respostas inmediatas a un problema que afecta á vida cotiá da xente». «Laraño non pode seguir agardando», concluíu.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza