A USC busca estratexias de nutrición para previr a diabetes
Forma parte dun consorcio, financiado polo European Innovation Council, que se reuniu este mes en Santiago para ver os avances logrados

Integrantes do proxecto Glucotypes, do que forma parte a USC, durante a reunión en Santiago. / Cedida
L.R.
Co obxectivo de predecir o desenvolvemento da diabetes e avaliar a súa relación coa inxesta alimentaria, a Universidade de Santiago participa no proxecto Glucotypes, financiado polo European Innovation Council (EIC), que explora como os patróns individuais da resposta glicémica poden ofrecer información temperá sobre o desenvolvemento da diabetes tipo 2. A través da identificación destes patróns mediante monitorización continua da glicosa e combinando estes datos con información procedente da inxesta dietética, o equipo investigador quere abrir camiño cara a estratexias de nutrición de precisión que permitan previr e xestionar a enfermidade de forma máis eficaz. O consorcio reuniuse en Santiago neste mes de novembro para revisar os avances conseguidos e planificar os seguintes pasos desta iniciativa innovadora.
O grupo de Medicina Interna (MEDINT) e o grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos (GRID-BDS), os dous da USC, e en colaboración co grupo Research Methods do IDIS, integran este equipo interdisciplinario de especialistas xunto coa Maastricht University, o Weizmann Institute, Leiden University Medical Center, University of Copenhagen, ILSI Europe e Genos Ltd.
A Universidade de Santiago desempeña un papel fundamental no proxecto, a través do grupo de traballo encargado da análise dos perfís de glicosa mediante monitorización continua. Nesta tarefa participa persoal docente e investigador das áreas de Enfermaría e Medicina da USC, entre os que se atopan os profesores Marcos Pazos Couselo e Francisco Gude, en colaboración coa investigadora Manuela Alonso Sampedro, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago achegando unha ampla experiencia en investigación clínica e metodolóxica en monitorización continua de glicosa.
Actualizacións sobre os estudos en marcha
Durante a reunión, que se prolongou durante dous días, os participantes compartiron actualizacións sobre os estudos en marcha, a análise de datos e o desenvolvemento tecnolóxico, ademais de debater sobre os próximos fitos de investigación. O ambiente colaborativo reforzou o obxectivo común do consorcio: ofrecer coñecemento científico que contribúa a vidas máis saudables a través dunha mellor prevención e xestión da diabetes tipo 2.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago