Santiago
As asociacións veciñais de Santiago piden máis vixilancia policial nos colexios para evitar o consumo de drogas
Cren que o reforzo da seguridade contribuirá a «disuadir a presenza de pequenos traficantes» na contorna dos colexios

Xuntanza recente das asociacións veciñais de Santiago, celebrada en Cornes / Cedida

A Coordinadora das Asociacións Veciñais de Santiago solicitou onte ao Concello que reforce a presenza policial nas inmediacións dos centros de ensino para previr o consumo de drogas entre os escolares e «disuadir a presenza de pequenos traficantes na contorna dos colexios». Foi un dos principais asuntos que se trataron na última xuntanza do colectivo, celebrada na Casa das Asociacións de Cornes e na que tamén pediron medidas para a mellora da seguridade viaria.
No ámbito dos servizos públicos, decidiron solicitar informes a Raxoi sobre a situación do suministro de auga ou do transporte público, «á vista dos retrasos e problemas que se están dando». Algo semellante perciben na municipalización do aparcadoiro da Praza de Galicia, onde «nada se ten avanzado» desde a creación dunha comisión en febreiro.
Taxa do lixo
Ademais, reiteraron a oposición das asociacións ao criterio de vinculación da taxa do lixo co valor catastral das vivendas no caso da tarifa doméstica, porque «nada ten que ver o valor catastral co lixo xerado», así como a necesidade de que na hostalaría se compute a superficie das terrazas, e a asimilación a categoría de restaurantes a todos aqueles bares que dean comidas.
En canto á participación cidadá, acordaron solicitar á alcaldesa a convocatoria da reunión correspondente ao segundo semestre do ano 2025 do Consello de Relacións Veciñais, así como a modificación do regulamento de participación veciñal.
- El amor sonó más fuerte que la música: la pedida de mano compostelana en el concierto de David Bisbal en A Coruña
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- Huelga de buses en Santiago: los piquetes impiden otra vez que salgan los servicios mínimos de Amio
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco