Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O pleno condena a mobilización da CIG ante a sede do PP de Santiago

O goberno defende «o dereito á manifestación», pero asegura «non compartir as formas» do sindicato

A mobilización da CIG o 25N rematou diante da sede do PP local

A mobilización da CIG o 25N rematou diante da sede do PP local / CEDIDA

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

A edil María Baleato (PP) defendeu a moción de urxencia na que se instaba o goberno local, e en especial á alcaldesa Sanmartín, a condenar a manifestación da CIG o 25N diante da sede do Partido Popular. «Insultaron a quen estaba na sede», tan só por pertencer a un partido político, indicou para denunciar que se tratou de ruído que «conduce á intolerancia ou para defender unhas mulleres hai que atacar outras?».

A moción presentárona en conxunto PP e non adscritas, a adhesión destas últimas foi «sorpresa» para as edís María Rozas (CA) e Míriam Louzao (BNG), que dixo supoñer que ás non adscritas «non se lles escapa que do que se trata é de demonizar o BNG, pois nin Compostela Aberta nin o BNG convocaron ningunha manifestación», asegurou.

"Do que se trata é de demonizar o BNG, pois nin Compostela Aberta nin o BNG convocaron ningunha manifestación"

Míriam Louzao

— Voceiro do goberno local

Rozas e Louzao, que non condenaron a manifestación senón que matizaron "non compartir as formas", e o socialista Sindo Guinarte (que si condenou a actuación da CIG o propio 25N) quixeron lembrarlle ao PP que non reaccionase «ás concentracións diante da sede de Ferraz» ou ás manifestacións fascistas que proclamaban «Pedro Sánchez, tiro en la nuca», e que PP e Vox impediran que o Senado aprobase unha declaración institucional de condena.

Ao fío destas intervencións, na súa quenda de réplica, a edil María Baleato respondeu a este reclamo asegurando que os concelleiros e concelleiras do PP de Santiago "condenamos esas declaracións", asegurou.

A moción aprobouse cos votos a favor de PP, PSOE e non adscritas e coa abstención de BNG e CA.

Tracking Pixel Contents