Raxoi aproba adoptar medidas de mellora na mobilidade do CHUS
A proposta do PSOE insta á Xunta a actualizar o cronograma para o construír o parking logo da adxudicación do PIA por 1,8 millóns

Posible espazo para o novo parking do CHUS / Jesús Prieto

O parking do Hospital Clínico (CHUS) foi motivo dunha proposición do Partido Socialista, que instou o pleno da Corporación local a solicitar da Xunta de Galicia que actualizase o cronograma previsto para a construción do aparcadoiro, unha vez que se coñeceu –este mércores– a adxudicación do PIA –plan de interese autonómico, licitado con atraso sobre o previsto en xuño deste ano– por 1,8 millóns de euros.
Logo de relatar a «odisea» que supón para profesionais e usuarios do CHUS estacionar o vehículos nas inmediacións do centro, o edil socialista Sindo Guinarte lembrou que «en agosto do 24 Xunta e Concello asinaron un protocolo da colaboración para a mellora da mobilidade na contorna do hospital». Unha vez licitado o PIA e dotado de orzamento, o edil instaba a Corporación a reclamar da Xunta «a actualización do cronograma. Canto hai que agardar e canto vai custar?» o novo aparcamento, dicía, para propor tamén que se crease unha comisión de seguemento.
A esta proposta respondeu a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, aclarando o seu contacto periódico coa conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, e que entre outras cuestións preguntara pola ausencia de partida orzamentaria específica na Lei de acompañamento dos orzamentos autonómicos para 2026. «A conselleira aclaroume que esta obra estaba englobada nos 41,3 millóns destinados ao CHUS».
«É o momento de convocar a comisión de seguemento».
Goretti Sanmartín explicou que, unha vez adxudicado o PIA, «hai que agardar 12 meses» a que se concrete pero tamén concordou co concelleiro Guinarte en que «é o momento de convocar a comisión de seguemento».
Críticas ao protocolo
O edil non adscrito Gonzalo Muíños recriminou na súa intervención que a falta de avances xa fora anunciada por Mercedes Rosón cando se asinou o protocolo de actuación, «porque non establecía ningún compromiso formal» e acusou a rexedora de «branquear a imaxe da Xunta».
Goretti Sanmartín respondeu a estas acusacións aclarando que «o protocolo tense que plasmar agora en convenios» e que se o goberno local non chegase ao acordo que agora se criticaba «botaríannos en cara que paralizamos» a construción do aparcadoiro.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La profesora Marina Paredes se despide entre vítores tras 42 años de docencia en el Colexio Compañía de María
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- «Visitar esta zona de la Catedral de Santiago es algo increíble»