Sae adiante a comisión de estudo para a xestión dos comedores escolares de Compostela
A oposición critica os cambios do goberno neste tema e a falta de avances até agora

O goberno procura unha «xestión sostible» dos comedores / ECG

O goberno local levou a pleno este xoves a creación dunha comisión de estudo «para determinar a forma máis sustentable e eficiente para a xestión dun servizo municipal de comedor» para os centros escolares. Unha proposta que saíu adiante cos votos a favor de BNG, Compostela Aberta e edís non adscritos e as abstencións de PP e PSOE.
Pero pese a aprobarse, o executivo de Sanmartín recibiu a crítica unánime de toda a oposición polos cambios producidos nesta iniciativa que na chegada ao goberno ía consistir «en crear cociñas en cada centro escolar», lembraba a non adscrita Mercedes Rosón. A edil mencionou os 400.000 euros asignados nos orzamentos de 2024 para este fin e criticou a posterior muda a «unha cociña central, un modelo igual ao actual coa única diferenza de que se situaría nun edificio de titularidade municipal».
Neste punto, a concelleira lembrou tamén que para esta nova iniciativa se dispuxo nos orzamentos de 2025 unha partida dun millón de euros, e nesta liña, lembrando a cronoloxía dos feitos e as partidas orzamentarias, pronunciouse tamén a socialista Marta Abal, ademais de acusar de «falta de transparecia» ao goberno local. O concelleiro do PP Borja Rubio foi máis alá e tildou a proposta de «novo engano do goberno» e definiu a proposta da creación dunha comisión de estudo coma «outro anuncio sen nada detrás».
Todas as forzas da oposición puxeron o foco en que o novo modelo de comedor «non será realidade antes da fin do mandato» e non adscritas e socialistas preocupáronse por saber que ía acontecer cando «ao final deste curso venza o contrato actual». A concelleira de Educación, Míriam Louzao, asegurou que «o servizo está garantido e licitaremos un contrato ponte» mentres non se substancia o novo modelo.
- El amor sonó más fuerte que la música: la pedida de mano compostelana en el concierto de David Bisbal en A Coruña
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- Huelga de buses en Santiago: los piquetes impiden otra vez que salgan los servicios mínimos de Amio
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco