O PP de Santiago deféndese por rexeitar o pago das facturas: «A alcaldesa levou a pleno a cuestión sen apoios suficientes»
Achácanlle que "nin os que a fixeron alcaldesa" deron o seu voto favorable ao expediente extraxudicial de crédito

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea / CEDIDA

O PP de Santiago respondeu ás declaracións da alcaldesa Sanmartín advertíndoa de que debía levar a pleno «unha cuestión tan importante cos apoios suficientes» e non dar por feito «que os votos do Partido Popular teñen que ser favorables por unha especie de tradición ou de liñas vermellas». E matizan que «cando un responsable público leva un asunto a unha sesión plenaria, leva todos os apoios. A nós non nolos pediron para esta cuestión concreta, nin os que a fixeron alcaldesa foron quen de apoiar este asunto», engadiron en relación aos concelleiros non adscritos.
Ademais, os populares acusan a Sanmartín de enviar «un audio aos medios», durante o receso do pleno, «dicindo que eramos destrutivos e que estabamos destruíndo a cidade». O PP advirte que se o goberno local «necesita os nosos votos» –a alcaldesa non descartou volver levar as facturas pendentes a un próximo pleno–, «que se aclare que os pida, con educación e sen insultarnos».
O PP aproveitou tamén a súa comunicación de prensa para incidir en que «isto apróbase no pleno porque non fixeron o seu traballo, non é unha factura ordinaria, veñen incluso facturas do pasado Nadal, cando están anunciando o actual». Mais sen facer mención concreta ás facturas de Viaqua, herdadas do mandato socialista do que formaban parte tres dos catro edís non adscritos.
Aitor Bouza: «Detrás das facturas hai familias»
Sobre o rexeitamento do pleno ao expediente extraxudicial de crédito, o secretario xeral do PSOE local, Aitor Bouza –o PSOE votou a favor– defendeu que «é responsabilidade do goberno garantir a correcta tramitación e negociación dos expedientes» mais sinalando que «detrás de cada factura hai familias, hai empresas».
Bouza advertiu que «utilizar o pago de facturas como ferramenta política prexudica a quen non ten capacidade de defensa institucional» e reclamou que «todas as formacións políticas, incluído as persoas individualizadas que forman parte do pleno expliquen á cidadanía por que emiten os seus votos».
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La profesora Marina Paredes se despide entre vítores tras 42 años de docencia en el Colexio Compañía de María
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- «Visitar esta zona de la Catedral de Santiago es algo increíble»