Santiago
Raxoi fai balance das obras: 12 millóns de euros en 2025
Domínguez asegura que o propósito das actuacións é «mellorar a calidade de vida»

Domínguez, en rolda de prensa co xefe de servizo de Obras e Proxectos, Antonio Ranedo, este venres en Santiago / Cedida

O concelleiro de Vías e Obras, Xesús Domínguez, fixo onte balance das actuacións no espazo público do seu departamento, nas que se investiron ao longo do 2025 máis de 12 millóns de euros. O edil deu conta do estado da execución das principais intervencións e asegurou que o propósito que persegue o goberno con todas elas é «mellorar a calidade de vida da veciñanza».
O edil comezou repasando a situación da rúa Puente la Reina, cuxa rehabilitación está a punto de rematar. «Vaise celebrar nos próximos días o acto formal de recepción», destacou sobre unha obra de case medio millón de euros e que se iniciou en maio. Na liña deste tipo de actuacións, indicou que tamén avanzan os traballos en García Lorca (1,2 millóns de euros), cunha previsión de finalizar en decembro de 2026.
Entre Sar e Sarela
En canto ás actuacións comprendidas no proxecto Entre Sar e Sarela, comezando polo Barrio Verde de Pontepedriña, dotado cun orzamento de 1,9 millóns de euros. Domínguez indicou que aspira a ser «un modelo para a transformación doutros tecidos urbanos da cidade para incorporar as solucións baseadas na natureza». Tamén avanzan os traballos en Cornes (145.000 €) para converter un espazo «moi degradado» nunha zona de lecer; e no Xardín Botánico, cunha renaturalización da contorna na beira mesma do Sarela.
Domínguez salientou que tamén está case terminado o novo paso de peóns elevado en Loureiros e foron executadas boa parte das 14 actuacións de mellora de accesibilidade en distintos puntos da cidade. En breve, apuntou que se acometerá a que afecta ao cruce do Hórreo con Gómez Ulla.
Rehabilitación de edificios
O titular de Obras debullou tamén as rehabilitacións de edificios que se están levando a cabo. No CEIP Quiroga Palacios investíronse case 400.000 euros en impermeabilización, peche exterior e accesibilidade e a reforma integral do complexo deportivo de Santa Isabel (3 millóns) continúa coa vista posta en tela lista no primeiro trimestre de 2026. A mediados de ano completarase a intervención no Pazo de Raxoi (4 millóns), onde tamén se está mellorando a accesibilidade e poñendo en valor o patrimonio histórico.
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- Pesar por la muerte de Ramón Martínez-Rumbo, exdirector de Neurocirugía del CHUS y pionero en cirugía del Párkinson
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco