Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

O transporte urbano de Santiago chegará á Almáciga a partir do próximo luns

Será a través da liña P1, entre Figueiras e San Caetano, que incorporará no seu percorrido unha parada na rúa de Touro

Un autobús urbano de Santiago

Un autobús urbano de Santiago / Antonio Hernández

Santiago

O transporte urbano chegará á Almáciga a partir do próximo luns, 1 de decembro, dando cumprimento a unha demanda veciñal deste barrio. Será a través da liña P1 (Figueiras – San Caetano), que incorporará no seu percorrido unha parada na rúa de Touro.

Deste xeito, subirán ata a rúa de Touro as viaxes da liña P1 circulando con saída de Figueiras – rúa da Senra e destino a praza de Camilo Díaz Baliño. Os usuarios poderán empregar a parada para baixar na zona nas viaxes desde o centro da cidade, así como subir ao autobús con destino a San Caetano e realizar unha posterior viaxe cara o centro abonando un único billete.

Reforzos para o domingo

Por outra banda, con motivo das aperturas comerciais previstas para este domingo, 30 de novembro, reforzarase a liña C11, cunha frecuencia de paso de 20-25 minutos dende as 10.00 horas.

Tracking Pixel Contents