Os edís do PSOE de Santiago aféanlle ao PP o bloqueo do pago de facturas
Guinarte asegura que non se poden usar os cidadáns «contra as políticas do goberno local»

O voceiro socialista no Pazo de Raxoi, Sindo Guinarte / Antonio Hernández
Os edís socialistas no Pazo de Raxoi criticaron este sábado a decisión do PP local de votar en contra da autorización para abonar facturas correspondentes a servizos xa prestados ao Concello. Para o PSdeG, «o rexeitamento bloquea de novo a tramitación destes pagamentos, o que afecta tanto ás empresas coma á prestación ordinaria dos servizos municipais».
O voceiro socialista, Sindo Guinarte, lamentou que a situación se repita e advertiu de que esta actitude prexudica directamente á cidadanía. «No pleno deste xoves, unha vez máis, o PP impediu co seu voto en contra que se paguen as facturas, xa non é a primeira vez que acontece isto e que denunciamos que non se poden tomar os cidadáns coma reféns, utilizalos en contra das políticas do goberno local. Os servizos que se prestaron, hai que pagalos», afirmou.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas