Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Axenda cultural: Que facer hoxe, 1 de decembro, en Santiago?

A ruta dos beléns ou exposicións de pintura e fotografía, entre as propostas deste luns en Compostela

Exposicións, cine ou a ruta dos beléns, as propostas deste luns 1 de decembro

Exposicións, cine ou a ruta dos beléns, as propostas deste luns 1 de decembro / Cedida

El Correo Gallego

Santiago de Compostela

Luns de inicio do Nadal: beléns, o Xardín de 8 puntas e mercado

NADAL. Coma cada ano a cidade engalana a súa principal praza, a do Obradoiro, protagonista do Xardín de 8 puntas, cunha grande e luminosa árbore de Nadal. Pero non é este o único motivo natalicio na cidade, xa se poden visitar o Belén de San Fiz de Solovio (de 11 a 14 horas e de 16 a 19h.) e mais o Belén Familiar de Mallou, con máis de 30 metros cadrados 1.500 pezas, ademais de elementos mecanizados (de 17 a 20.30 horas). Para os que gosten máis das compras, está o Mercado de Nadal da Carreira do Conde.

El Belén de San Fiz de Solovio

El Belén de San Fiz de Solovio / Cedida

Instalación artística nas Torres Hejduk

EXPOSICIÓN. Phygital land é unha instalación artística que pode experimentarse nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura que evoca unha paisaxe «onde a natureza foi substituída por unha versión creada polas máquinas». Co subtítulo Traducións do físico ao virtual, é unha proposta da granadina Irene Molina que se pode visitar entre as 10 e as 20 horas.

Pintura e fotografía, revisión dos clásicos na Galería Defímeras

ARTE. Icono encarnado é un proxecto artístico concibido e dirixido por Carlos Martínez Casanova e Ana Dorrego, que se pode visitar na Galería Defímeras (rúa de San Pedro, 74) en horario de 12 a 15 horas e de 19 a 22h. A mostra propón unha revisión visual, simbólica e crítica dalgunhas das obras máis icónicas da historia da arte occidental, a través de recreacións fotográficas contemporáneas. O resultado é un cruce pictórico e fotográfico de obras clásicas coma A morte de Marat, As señoritas de Avignon, O berro ou A muller co paraugas.

‘San Simón’, de Miguel A. Delgado, na sesión matinal de Numax

Ás 12 da mañá no cine Numax proxéctase San Simón, un filme ambientado en outubro de 1936, cando o franquismo abre campos de concentración por todo o territorio, incluída a illa de San Simón. A programación cinematográfica de Numax para comezar a semana complétase con Soños en Oslo, ás 15.45; Flores para Antonio (documental sobre Antonio Flores), ás 17.55; A voz de Hind, ás 19.50 e o filme sobre a Cañada Real (Madrid) de Guillermo Galoe, Ciudad sin sueño.

Tracking Pixel Contents