Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

II Premio Manu Lago: celebración do circo con galardón para ‘Hoxe si!’ e ‘Bagaxe’

José Luís Rodríguez, 'Kote Malabar', veterano artista e malabarista foi galardoado pola súa traxectoria e influencia noutros pallasos

No centro da imaxe, Arturo Cobas e Natalia 'Pajarito' recollen o seu Premio Manu Lago

No centro da imaxe, Arturo Cobas e Natalia 'Pajarito' recollen o seu Premio Manu Lago / CEDIDA

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

O Salón Teatro de Compostela acolleu a gala do II Premio Manu Lago de Novo Circo Galego. Un evento conducido polo presidente da Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG), Isaac Rodríguez –máis coñecido como Peter Punk– e no que resultaron gañadoras as montaxes Hoxe si! da compañía Sempre Arriba, como Mellor Espectáculo de Rúa, e Bagaxe, con Arturo Cobas e Natalia Pajarito, como Mellor Espectáculo de Sala.

As outras nomeadas para Mellor espectáculo de rúa eran Chungo que te cagas, de Peter Punk Paiaso e Crunch, da compañía Muu; mentres no mellor espectáculo de sala competían tamén Serie Clopen , do Centro Dramático Galego e Compaña, de Xampitopato.

Ademais, na gala en honor ao pallaso e malabarista Manu Lago –membro fundandor de PistaCatro (Premio Nacional de Circo 2025)–, recoñeceuse o traballo de Kote Malabar (José Luís Rodríguez), «veterano artista de circo e figura indispensable na historia do circo galego». Kote formou parte da xeración que iniciou a práctica profesional do circo na rúa en Galicia, «abriu camiños e inspirou a numerosos artistas».

Pallaso e malabarista

Manuel Lago, coñecido tamén como Manu Malabaranda, naceu en Vigo en 1976 e finou en Compostela o 16 de decembro do ano 2018. Actor de circo e malabarista foi un dos fundadores da compañía PistaCatro.

Comezou a actuar como pallaso e malabarista en espectáculos de, coincidindo coa súa formación universitaria (cursou estudos de Bioloxía) e en 2003 viaxou a Reino Unido para cursos estudos de circo. Alí licenciouse en 2006 na Universidade de Kent.

Tracking Pixel Contents