Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Máis de dúas mil prazas en cursos de formación na próxima Feira Talentia de Santiago

Preto de 25.000 persoas accederon desde novembro á web dunha cita que terá lugar entre os días 9 e 11 de decembro

Cartel da feira de emprego Talentia en Santiago.

Cartel da feira de emprego Talentia en Santiago. / Cedida

K.M.

Santiago

Xa están reservadas máis de dúas mil prazas en actividades formativas para a feira virtual de emprego e formación Talentia impulsada polo Concello de Santiago, e que terá lugar entre este martes e este xoves próximos. Unha cita que conta ademais con máis de 500 citas axendadas con empresas e mentorías, e que ten xa esgotada a oferta de cursos online.

Boa mostra do interese que esperta esta convocatoria é o feito de que preto de 25.000 persoas accederon desde novembro á web deste certame.

Quedan algunhas prazas na aula virtual

Tras a apertura do prazo de inscrición nas actividades da Feira Talentia, rexistráronse máis de 3.000 sesións na web en menos de 12 horas. Coas prazas para os cursos online e para as certificacións en inglés xa completas, quedan ainda algunhas prazas dispoñibles na aula virtual, na oferta de Linkedin Learning, que inclúe máis de 15.000 cursos, e no programa Talentia IT Skills, que permite acceder a formación oficial en cursos oficiais de tecnolóxicas como Microsoft, Cisco, Meta, ou JavaScript. Para a formación online, estableceuse un límite de catro inscricións por cada persoa.

Tamén están axendadas xa máis de 500 citas con responsables de selección de persoal de empresas e con mentores nesta iniciativa do Concello de Santiago. Neste caso, non hai límites para axendar cantas citas se desexen. Na Feira Talentia participan preto de 60 empresas de diferentes sectores.

Tracking Pixel Contents