Axenda cultural: Que facer hoxe, 9 de decembro, en Santiago?
Desde EL CORREO GALLEGO recomendámosche distintos plans para este martes en Compostela

O fotógrafo Xaime Cortizo / CEDIDA
Presentación de viño e mostra fotográfica no espazo Vide Vide!
ENOCULTURA. Ás 20.30 horas desta noite, o espazo enocultural Vide Vide! acolle a presentación oficial de Xialma, o novo viño de autor de Xaime Cortizo.
A posta de longo do produto vai estar acompañada pola inauguración dunha exposición fotográfica do mesmo Xaime Cortizo: Viaxe interior de pedra, auga e viño.
A velada vai incluír unha visita guiada polo propio autor e está mostra e mais levarase a cabo unha cata de Xialma, xunto ao enólogo Roberto Regal. A entrada é gratuíta até completar a capacidade do espazo Vide Vide!.
‘Cartografía do mar’, dúo de frauta e guitarra no Auditorio de Galicia
CONTEMPORÁNEAS. O compostelán André Cebrián –frauta– e Pedro Mateo González –guitarra– traen ao ciclo Contemporáneas a súa Cartografía do mar.
Será de balde a partir das 20.30 horas, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Interpretando obras de Leo Brouwer, Alicia Díaz de la Fuente, Toru Takemitsu ou Robert Beaser, Cebrián e Mateo ofrécenlle ao público unha viaxe musical na que as melodías flúen entre a tradición e a vangarda, o real e o soñado, facendo da auga un espazo de encontro entre culturas e tempos.
Alejandro Vargas Trío no ciclo Agustito
MÚSICA. Continúa na Borriquita de Belem o ciclo Agustito, esta noite a partir das 21.30 horas e protagonizada polo Alejandro Vargas Trío. O pianista cubano acompáñase nesta ocasión de Reynier Aldana –contrabaixo e voz– e mais de Carlos Freire –percusión–. As entradas custan 9 euros.

Alejandro Vargas Trio feat Regis Molina no Feito a Man / Rafa Pasadas
Corophønix, pasarrúas até a Praza Roxa
MÚSICA NA RÚA. Dentro da programación de Nadal do Concello de Santiago, a formación Corophønix é hoxe a protagonista a partir das 18.15 horas. Levarán a súa música polas rúas da cidade, partindo do Mercado de Nadal, na Carreira do Conde e realizando un itinerario de animación musical até a Praza Roxa. O evento é de balde e aberto á participación do público.
The Breakaway Dúo, esta noite no Momo
CONCERTO. O pub Momo acolle a partir das 20 horas a actuación de The Breakaway Dúo, sub-formación rockeira de The Breakaway Band, formación responsable de temas coma Money and perfume.
A entrada segue a metodoloxía inversa, polo que o público fai a achega que considera ao remate da actuación.
Galiverso de Nadal na Cidade da Cultura
APALPADOR. Regresa á Cidade da Cultura a edición especial de Galiverso de Nadal, para que os máis pequenos entren virtualmente na casa do Apalpador e descubran como vive esta figura do Nadal galego.
O acceso é gratuíto previa retirada da entrada e as sesións (en horarios de 11 a 14.30 horas e de 16 a 20 horas) teñen unha duración total de 5 minutos. Os menores de 12 anos deben ir acompañados dun adulto.
Iluminación especial na Quintana e na Alameda
LUCES. A partir das 18 horas as ‘Estrelas de Compostela’ protagonizan os espectáculos lumínicos da Praza da Quintana e mais do parque da Alameda.
Na primeira localización trátase de emular o Campus stellae que lle dá nome á cidade; mentres que na Ferradura as luces de Nadal simulan un río cuberto de árbores polas que penetra a luz da lúa e no que «brincan as estrelas da Vía Láctea».
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney