Santiago
Rosón alerta de novos impagos nos centros socioculturais de Santiago
Asegura que o persoal está en «situación límite» e reclama medidas de Raxoi para o abono das nóminas

Mercedes Rosón, no Pazo de Raxoi, en Santiago / Cedida
A concelleira non adscrita, Mercedes Rosón, alertou onte de novos impagos nos centros socioculturais de Santiago que levan o persoal a unha «situación límite». Rosón sinalou que gran parte dos traballadores, dependentes da empresa Serviplus, levan desde outubro sen cobrar, o que provoca «absoluta vulnerabilidade económica ata o punto de que recibo algunhas mensaxes de persoas que chegan a falar de dificultades serias para chegar a final de mes e neveiras baleiras».
Fronte a isto, Rosón reclamou ao goberno local que tome medidas para que a concesionaria «proceda ao pago inmediato das nóminas pendentes». «Esiximos ao goberno local que tome cartas no asunto para manter a calidade dun servizo externalizado pero público e para defender os dereitos das persoas traballadoras», engadiu.
Reclama axilizar a nova licitación
Os atrasos nos pagos veñen sendo unha constante no último ano, no que a empresa estivo prestando o servizo a través dunha prórroga do contrato. Despois de varios meses de atraso sobre o previsto, está en marcha unha nova licitación. No pleno de novembro Raxoi anunciou a adxudicación dun dos lotes. Rosón pide que se axilicen os prazos para finalizar o proceso e reclamará no vindeiro pleno explicacións e datas concretas para a normalización da situación.
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Buscan unos figurantes muy especiales para una «gran producción de época» que pronto se rodará en Santiago
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- Seis nuevas jornadas de huelga de autobuses en Santiago: consulta los días y los servicios mínimos